viernes, 31 de mayo de 2019

200º ANIvErSArIO DEL NaCIMIENtO de WaLT WhITmAN


Hoy celebramos el aniversario del gran poeta Walt Whitman.

Walter «Walt» Whitman (West Hills, Nueva York, 31 de mayo de 1819-Camden, Nueva Jersey, 26 de marzo de 1892) fue un extraordinario poeta estadounidense que revolucionó el mundo de la palabra con un lenguaje directo y sencillo y la intrépida utilización del verso libre.

Su obra más importante es “Hojas de Hierba”, una colección de poemas que aún hoy en día sigue asombrando por su frescura y modernidad. El célebre poema “Canto de mí mismo” es un homenaje a la esperanza y una invitación al amor propio y a la libertad.

Para celebrar este aniversario, os alumnos de 1º da ESO (Antón, Vanesa, Víctor, Diego y Alfredo) escribieron algunos de sus más hermosos versos por las paredes de cemento del cole!



jueves, 30 de mayo de 2019

radiO raPeiRa

Por fin temos nome para a nosa radio:
RADIO RAPEIRA... A ESCOITA QUEN QUEIRA!!!
E xa estamos a facer os nosos primeiros pinitos nas ondas

martes, 28 de mayo de 2019

feStiVal tu cAra mE suEnA

Estas fotos non reflexan as marabillosas actuacións dos nosos alumnos de Secundaria no festival de imitacións de grupos do s.XX que fixemos na Azucareira, a modo de "Tu cara me suena".
Non podemos estar a todo! polo que os profes do Equipo da Biblio entre actuar... axudar a maquillar... e facer de xurado... non puidemos gravar aos rapaces como o merecían!
A verdade é que todos foron moi valentes e concienzudos á hora de imitar aos grandes, tanto no vestiario coma nos e bailes e xestos, e ata nos tatuaxes!!!: Jackson Five, Alaska, Mecano, Abba, Guns´n Roses, Queen, Spice Girls, Supremas de Móstoles, Bonnie Tyler...
Foi dificilísimo elixir aos gañadores, de feito tivemos que aumentar os premios e dar dous 3º Premios: As Supremas de Móstoles (Sergio, Lidia e Adriana), simpatiquísimos!, e Bonnie Taylor (Vanesa), a única actuación en solitario!.
O 2º posto foi para as Spice Girls: Alexia, Nerea, Nayara, Blanca e Camila, que ían guapísimas e que non só bailaron xenial... senón que conseguiron dar ata a voltereta lateral!
E o 1º Premio foi para o "Live Aid" de Queen... inmexorable Alberto na pel de Freddie imitando cada un dos seus movementos  (axudado pola iluminación do profe Johnny!) e moi ben acompañado por Martín (J. Deacon), Dani (Brian May) e Óscar (R. Taylor). Estes dous últimos xa fixeran de Queen na marabillosa recreación de "I want to break free" no Entroido!

lunes, 27 de mayo de 2019

obRadoiRo de raDio

Por fin puidemos facer o obradoiro de radio co Laboratorio de Radio.
A verdade é que foi moi divertido: participamos profes e alumnos de Primaria e Secundaria... gravamos sons e fixemos exercicios de voz, entrevistas, indicativos, anuncios...
Aprendemos moitísimo e o pasamos de marabilla!



viernes, 24 de mayo de 2019

bloQue da raDio na páXina weB do coLe


Creamos un bloque específico na páxina web do colexio para publicar os podcasts da nosa Radio da Biblio.
A dirección é http://www.edu.xunta.gal/centros/cpidomingofontanportas/radio
Esperamos que vos guste!!!

jueves, 23 de mayo de 2019

martes, 14 de mayo de 2019

MuSic of 20th cenTurY

Os marabillosos rapaces de 4º da ESO fixeron estes vídeos en Inglés sobre algúns dos grupos musicais máis famosos do s.XX: Queen, The Beatles, Guns & Roses...
A verdade é que quedaron de marabilla!



lunes, 13 de mayo de 2019

funDacióN seCreTariado xiTano


Seguimos co noso obxectivo de facer unha Biblioteca na que todos os rapaces se sintan representados e acollidos, por eso dende a Biblio puxémonos en contacto con Araceli Rodríguez, da Fundación Secretariado Xitano de Pontevedra, e enviounos información moi interesante sobre as campañas que están a realizar nos últimos anos para loitar contra a discriminación:
"#Yonosoytrapacero": para sensibilizar contra a definición de xitano que hai no diccionario da RAE.
"Lección Gitana": que fai un repaso sobre os acontecementos máis importantes da Historia do Pobo Xitano.
ou "El tatuaje que más duele", contra a discriminación que sofre esta minoría e a favor da dignidade do pobo xitano.

Ademais, aumentamos os fondos da nosa Biblio con fermosísimos libros protagonizados por nenos xitanos coma:
"Iliana, la niña que escuchaba el viento", "Las historias de Manuela", "Patatita" o "Melodía en la ciudad", cos marabillosos debuxos de Benjamin Lacombe! Autor, ademais, dos debuxos da marabillosa xitana  Carmen de Prosper Merimée.

viernes, 10 de mayo de 2019

reOrdeNación da biBlio

O asesor de bibliotecas visitounos no 2º trimestre e aconsellounos cambiar os libros de Non-Ficción, que esteban no corredor, para o interior da Biblioteca, pois así están ao alcance de calquera que queira facer unha consulta ou un traballo de investigación!
Esto supuxo que nos animáramos a facer un novo expurgo e así puidemos eliminar algunha das estantarías para facer máis diáfano todo o espazo.
Por outro lado, Susana Sabarís, Susana Simó e Sara, estamos a rexistrar e etiquetar os fondos de non ficción divididos por temas, cunha CDU específica en cada caso e unha raia de distinta cor para facilitar a localización dos libros tamén aos máis pequenos!.
O curso pasado fixeramos a parte de Arte, e éste a de Música, Xadrez, Xogos e Deportes, Matemáticas e Cultura Clásica.
Ademais, a profe de Inglés da ESO cambiou todas a etiquetas dos libros para seguir un código de cores segundo a dificultade da lectura!
Imos pouco a pouco porque é un traballo inxente e temos moi poucas sesións para levala a cabo... de xeito que si non atopades un libro, non dubidedes en preguntarnos!

jueves, 9 de mayo de 2019

visitA do ieS boUza breY III

Ao final da xornada fomos á Casa da Cultura para afondar na figura do gran científico da man do experto Braulio Mondragón!

visitA do ieS boUza breY II

A profe Susana, do Departamento de Sociais, explicou aos visitantes do Bouza Brey a exposición que fixeron sobre a Historia da Cartografía de Galicia e, ademais, lles amosou as fotos dos proxectos que realizamos este curso e o anterior sobre a figura de Domingo Fontán.

visiTa do IES bouZa brEy I

Os alumnos do IES Bouza Brey de Vilagarcía están a facer un proxecto sobre Domingo Fontán e aproveitaron para coñecer de preto o seu mapa e o noso cole!
O Departamento de Matemáticas da ESO organizou varias actividades sobre triángulación e trigonometría para realizalas no patio do cole e na Azucareira de Portas.


lunes, 6 de mayo de 2019

conTaconTos en inGléS

O Departamento de Inglés organizou uns contacontos dos alumnos de 3ºESO aos de 5º e 6º de Primaria e de 1º ESO.
Os relatos teatralizados foron "The Lazy Farmer" e "The Clever Shoemaker"
Os actores o fixeron de marabilla e así os rapaces do público aprenderon moitísimo... ademais de conseguir chocolate coins de agasallo!
Aquí os deixamos os vídeos!!


domingo, 5 de mayo de 2019

educaCión viaRia en pOrtas

Xa estamos a rematar o noso Plan Proxecta sobre Mobilidade Sostible e Segura, promovido pola DGT.
Todo o traballo realizado o estamos a recoller neste blog específico sobre EDUCACIÓN VIARIA EN PORTAS esperamos que vos guste!!!

conTaconTos famiLiaR

Co gallo da celebración do Día do Libro, a Biblioteca organizou actividades de animación á lectura todo ao longo do mes de Abril.
As profes de Infantil levaron a cabo este "Contacontos Familiar" no que invitaron a pais e nais dos rapaces a que lles viñeran ler un conto!
A actividade foi realmente interesante e a repetiremos nos próximos cursos.
Moitísimas grazas a Miriam (nai de Roi), Alicia (nai de Sofía), Javi (pai de Dani) e Marta (nai de Julia) pola súa estupenda colaboración!!!

visiTa ao muSeo de poNteVedra

O Departamento de Sociais organizou unha visita ao Museo de Pontevedra cos rapaces de 1º e de 3º da ESO.
Aprenderon moitas cousas e o pasaron de marabilla!

viernes, 3 de mayo de 2019

visiTa ao muSeo daS peregRinaciónS

Visitamos o Museo das Peregrinacións en Santiago de Compostela, aproveitando o viaxe a ver a expo de Leonardo!
Estivemos pouco tempo pero a charla recibida foi moi educativa!!

jueves, 2 de mayo de 2019

leOnaRdo da viNci

Fotos realizadas por Celia Vázquez Costoya (alumna de 4º ESO).

Cómprense 500 anos da morte do xenio Leonardo da Vinci, e para conmemoralo os alumnos de EPV fixeron un obradoiro para afondar nos seus fermosísimos Códices.
Elixiron cadanseu debuxo e o realizaron a sanguina ou a tinta con pluma estilográfica.
Imitaron, ademais, a escritura especular tan característica de Leonardo!
Con todos os traballos e unha breve explicación da obra de Leonardo fixemos esta fermosa exposoción:
Aquí os deixamos as ligazóns aos códices que posee a Biblioteca Nacional que están dixitalizados e que podedes observar de preto:
Códice Madrid I
Códice Madrid II

expOsicióN inteRactiVa sobRe leoNardo

Os alumnos de 3º e 4º da ESO visitaron unha exposición interactiva sobre Leonardo da Vinci en Santiago.
Aprenderon unha chea de cousas sobre o xenio italiano e puideron ver de preto as maquetas de moitos dos seus inventos e os fermosos debuxos dos seus tratados!
Aquí podedes ver máis fotos:


miércoles, 1 de mayo de 2019

esCorNaboTs: esTiloS muSicaiS

Co gallo do tema do PLAMBE deste curso, "A Música no s.XX", fixemos unha plantilla para programar aos Escornabots segundo o seu estilo musical, a través de carátulas de discos de grupos e solistas moi coñecidos.
Este xogo xa ten máis dificultade que os anteriores... é só para valentes!!!!

efeMeriDes musiCais: mAio