martes, 16 de febrero de 2021

diaRio de gReg

A profe Eva de 4º EP avisoume de que os seus marabillosos alumnos son uns verdadeiros fans do "Diario de Greg"!

Por iso levamos a nosa caixa de Greg da Biblio para que estea na súa clase un tempo e lles repartimos uns marcapáxinas especiais para que "NON sexan chaíñas" :)

Xusto ao final do curso pasado completamos a colección... pero agora estamos a aproveitar que hai pouco están a editalo en Galego para comezar a mercar os volúmenes!

Ademais van facer cadanseu diario... esperamos que o pasen moi ben e que aprendan moito!







No hay comentarios:

Publicar un comentario