Para conmemorar o Día Internacional da Muller e da Nena na Ciencia, o profe Carlos, do Departamento de Bioloxía organizou unha videoconferencia coa Bióloga Andrea Rodríguez Alonso.
Os alumnos de 3º e 4º da ESO, ben separados en distintas aulas, escoitaron con moito interese a presentación desta científica que está a facer a tese doctoral na Universidade da Coruña, na que investiga para conseguir frear a metastase do cancro!
A charla foi moi interesante, partindo da idea de que o que define a un bó científico nunca é o xénero! Tamén nos contou cómo foi a súa traxectoria de científica ata este momento: os seus logros, os seus obxectivos e tamén as dificultades polas que pasou.
Ao fnalizar os alumnos animaronse a facer moitas preguntas!!!
Tamén queremos facer mención á iniciativa "NO more Matildas", da Asociación de Mulleres Científicas, para poñer en valor o traballo e os logros de moitas mulleres que foron ignoradas sistemáticamente neste eido:
#CONÓCELAS #ASEICAMujer #11F #diamujeryniñaenciencia
Mirade a mensaxe tan fermosa que deixou Andrea en Twitter!:
No hay comentarios:
Publicar un comentario