A profe Eva de 4º EP avisoume de que os seus marabillosos alumnos son uns verdadeiros fans do "Diario de Greg"!
Por iso levamos a nosa caixa de Greg da Biblio para que estea na súa clase un tempo e lles repartimos uns marcapáxinas especiais para que "NON sexan chaíñas" :)
Xusto ao final do curso pasado completamos a colección... pero agora estamos a aproveitar que hai pouco están a editalo en Galego para comezar a mercar os volúmenes!
Ademais van facer cadanseu diario... esperamos que o pasen moi ben e que aprendan moito!
O Consello da Cultura Galega subiu á Rede un audiovisual a modo de visita guiada, a mostra Afonso X e Galicia, sobranceira figura política e cultural do medievo con fortes vencellos coa nosa terra e do que se celebra, este ano, o 800 aniversario do seu nacemento. Precisamente na dita relación afonda Afonso X e Galicia.
A exposición que o CCG inaugurou o 12 de xaneiro está pechada por mor das circunstancias sanitarias actuais pero volverase abrir ao público cando o permitan as circunstancias sanitarias e estará na Igrexa da Universidade en Santiago de Compostela até o 24 de abril. A partir dese momento comezarán os itinerarios previstos e a a primeira das súas paradas será Ourense, no Centro Cultural Marcos Valcárcel.
O Equipo de Correspondentes Xuvenís de Portas sube á súa conta de Instagram e ao seu blog algún concursos interesantes, como éste sobre Poesía: ALAS DE PAPEL.
Se estás interesado, bota unha ollada ao seu link PREMENDO AQUÍ.
domingo, 14 de febrero de 2021
Os alumnos de 1º ESO están a ler o libro "Mitos Griegos" de María Angelidou na materia de Lengua Castellana da profe Carmen.
A verdade é que á maioría lles está encantando!
Iso animounos en Plástica a facer algúns traballos creativos baseados nestas historias fascinantes: Perseo coa cabeza da Medusa, Apolo e Dafne, Poseidón, O rapto de Perséfone...
En 4º da ESO aproveitamos que estamos a estudar a Arte do Mundo Clásico e que se achegaba o Día dos Namorados para debuxar a carboncillo algunhas das estatuas de mitos gregos relacionados co amor máis fermosas e delicadas da Historia!
Para conmemorar o Día Internacional da Muller e da Nena na Ciencia, o profe Carlos, do Departamento de Bioloxía organizou unha videoconferencia coa Bióloga Andrea Rodríguez Alonso.
Os alumnos de 3º e 4º da ESO, ben separados en distintas aulas, escoitaron con moito interese a presentación desta científica que está a facer a tese doctoral na Universidade da Coruña, na que investiga para conseguir frear a metastase do cancro!
A charla foi moi interesante, partindo da idea de que o que define a un bó científico nunca é o xénero! Tamén nos contou cómo foi a súa traxectoria de científica ata este momento: os seus logros, os seus obxectivos e tamén as dificultades polas que pasou.
Ao fnalizar os alumnos animaronse a facer moitas preguntas!!!
Tamén queremos facer mención á iniciativa "NO more Matildas", da Asociación de Mulleres Científicas, para poñer en valor o traballo e os logros de moitas mulleres que foron ignoradas sistemáticamente neste eido: