Este ano non puidemos acudir, por mor do confinamento, á homenaxe que todos os anos fan na casa da cultura de Portas á figura de Domingo Fontán.
Tamén tivemos que pospoñer cara ao curso que ven o obradoiro sobre Gravado Litográfico que íamos facer no taller de Plástica para aprender de preto cómo se gravaros as pedras que deron lugar á estampación da famosa Carta Geométrica de Galicia.
Porén, seguimos a recoller os proxectos sobre o científico no noso blog e tamén maquetamos o libro correspondente á memoria do curso 2018/19 que regalaremos en canto poidamos á Asociación Domingo Fontán.
Ademais estamos a facer deseños par a impresora 3D relacionados con Domingo Fontán: moldes, figuras, chaveiros... a ver se pronto podemos imprimilos!
No hay comentarios:
Publicar un comentario