Grazas á profe Teba, que estivo no noso cole moitos anos, comezamos a empregar a aplicación en liña de Deseño 3D Tinkercad.
A verdade é que é moi sinxela de usar e moi divertida!
Comezamos por facer as tarefas de adestramento que xa trae a propia aplicación pero pronto quixemos lanzarnos a deseñar as nosas propias pezas: moldes para xabóns co logo da biblio, selos de estampación personalizados, chaveiros coa cara de Domingo Fontán, pezas de puzzle...
No hay comentarios:
Publicar un comentario