Os profes Patricia e Vicente, do 1º Ciclo de E. Primaria, levan todo o curso traballando nun fermoso proxecto sobre Don Quijote!
Primeiro leron a adaptación deste cúmio da Literatura Unirversal que fixo César Bonapara os rapaces máis pequenos.
Despois investigaron sobre a biografía de Cervantes, colorearon o seu debuxo e puxeron o seu nome empregando plumas de verdade... como facía el!
Continuaron por describir aos personaxes facer un traballo plástico con Don Quijote.
Por mor da suspensión das clases polo covid-19 quedaron algunhas cousas no tinteiro... nunca mellor dito!. Especialmente colorear ao seu inseparable escudeiro sancho e encadernar todo cun cordón!
Porén a verdade é que é un proxecto fantástico e os marabillosos rapaces de 1º e 2º traballaron a reo e aprenderon un montón!!!
FELIZ DÍA DO LIBRO A TODOS!!!!