lunes, 18 de noviembre de 2019

mEs da ciEnciA en gaLegO

Fai xa moitos anos que dende a nosa biblioteca dedicamos Novembro para celebrar o mes da Ciencia.
Este curso, ademais, contamos cun orzamento especial para a adquisición de fondos S.T.E.A.M .otorgado pola Xunta de Galicia a través da Asesoría de Bibliotecas.
As siglas STEAM veñen de Science, Technology, Engineering, Art e Mathematics.
Grazas a el aumentamos os fondos da nosa Biblio con moi interesantes adquisicións nestas materias: Ciencia, Tecnoloxía, Enxeñaría, Arte e Matemáticas, pois a verdade é que, agás de Arte, andabamos bastante escasos!
Ademais aproveitamos para suscribirnos a varias revistas: Muy Interesante, nathional Geographic e Historia... cuxos exemplares estarán na nosa Biblio a partires de Xaneiro.
Esperamos que os disfrutedes!!!
Cos novos libros fixemos unha exposición para presentar as novidades a toda a comunidade educativa.

No hay comentarios:

Publicar un comentario