O Departamento de Inglés e o de Debuxo organizaron a participación do alumnado de 3º da ESO na actividade de inmersión lingüística "English Week" convocada pola Xunta no mes de Novembro de 2019.
Consideramos que é unha boa ocasión para que os alumnos da Sección Bilingüe poidan poñer en práctica os seus coñecementos en Inglés grazas a participación en interesantes actividades xunto con alumnos da súa idade e con monitores nativos.
A estanza foi nos Peares, e o tema elixido este ano foi precisamente o do noso PLAMBE: Reduce and Recycle.
Algúns dos alumnos non soportaron ben estar lonxe da casa toda unha semana e, máis que nada, non poder dispoñer do móbil... porén a maioría o pasaron moi ben, aprenderon moito e ata fixeron amigos!
No hay comentarios:
Publicar un comentario