lunes, 25 de noviembre de 2019

conTra A vioLenCiA de xéNerO 3

Silvia, a nosa orientadora, tamén quixo sumarse á nosa loita contra a violencia de xénero.
Organizou coas alumnas da ESO unha performance polas escaleiras do cole para representar cada unha das vítimas españolas da violencia de xénero do 2020... que aínda está por rematar!
cada rapaza levaba unha breve nota cos datos das mulleres asasinadas.
O resto dos alumnos subiron as escaleiras mentres soaba un tenue requiem, para facer a experiencia máis impactante...

Tamén deseñaron un Photocall e chapas e pegatinas para a ocasión!

conTra A vioLenCiA de xéNerO 2

A profe María, do Departamento de Galego, fixo uns murais sobre novas de xornais actuais que reflexan o machismo e a violencia de xénero para que, a través dun custionario todos os alumnos da ESO puideran contestar a unha serie de preguntas e afondar neste tema neste 25 de Novembro.
Aquí deixamos algunhas das fotos dos alumnos investigando a reo!

conTra A vioLenCiA de xéNerO 1

Este curso o Departamento de Francés fixo unha exposición moi interesante para unirse á loita contra a violencia de xénero.
Por unha banda, as alumnas de 4º fixeron uns telegramas e unhas televisións con lemas reivindicativos e con novas sobre a violencia de xénero.
E, por outra, realizaron todo ao longo do corredor unha escaleira no que cada andel é un grao na violencia de xénero, o que fíxonos visualizar moi claramente o proceso!
O lema desta escaleira é moi claro: NE MONTE PAS CET ESCALIER!
(nunca subas esta escalera!)

domingo, 24 de noviembre de 2019

oBraDoiRo de rAdiO




Os profes vimos de participar nun obradoiro de radio  impartido polo profe Johnny para sacarlle o máximo partido á nosa emisora.

Aprendimos moito e tamén nos divertimos un montón!!!


Imos ir publicando os podcasts grabados na web e no blog... 


viernes, 22 de noviembre de 2019

eNgLisH wEEk

O Departamento de Inglés e o de Debuxo organizaron a participación do alumnado de 3º da ESO na actividade de inmersión lingüística "English Week" convocada pola Xunta no mes de Novembro de 2019.
Consideramos que é unha boa ocasión para que os alumnos da Sección Bilingüe poidan poñer en práctica os seus coñecementos en Inglés grazas a participación en interesantes actividades xunto con alumnos da súa idade e con monitores nativos.
A estanza foi nos Peares, e o tema elixido este ano foi precisamente o do noso PLAMBE: Reduce and Recycle.
Algúns dos alumnos non soportaron ben estar lonxe da casa toda unha semana e, máis que nada, non poder dispoñer do móbil... porén a maioría o pasaron moi ben, aprenderon moito e ata fixeron amigos!

jueves, 21 de noviembre de 2019

meS da ciEnciA 2020

Co gallo da celebración do Mes da Ciencia, aproveitamos a oportunidade para especificar un pouco máis na clasificación dos nosos fondos no Meiga, engadindo novas CDU ás existentes, que ficaron así:
Esperamos que así sexa máis sinxelo atopar os libros segundo os vosos intereses!!!

miércoles, 20 de noviembre de 2019

díA univeRsaL doS deReiToS do nEnO 2019

Este curso, para celebrar o Día Universal da Infancia, participamos nun proxecto da Plataforma da Infancia que nos invita a reflexionar sobre os dereitos básicos aos que debería ter acceso todos os nenos do mundo.
Pare iso os alumnos de 1º e 3º da ESO deseñaron os seus propios protagonistas das historietas en prol dos dereitos da infancia.

Ademais, fixemos un taboleiro expositivo para resumilo todo:



lunes, 18 de noviembre de 2019

mEs da ciEnciA en gaLegO

Fai xa moitos anos que dende a nosa biblioteca dedicamos Novembro para celebrar o mes da Ciencia.
Este curso, ademais, contamos cun orzamento especial para a adquisición de fondos S.T.E.A.M .otorgado pola Xunta de Galicia a través da Asesoría de Bibliotecas.
As siglas STEAM veñen de Science, Technology, Engineering, Art e Mathematics.
Grazas a el aumentamos os fondos da nosa Biblio con moi interesantes adquisicións nestas materias: Ciencia, Tecnoloxía, Enxeñaría, Arte e Matemáticas, pois a verdade é que, agás de Arte, andabamos bastante escasos!
Ademais aproveitamos para suscribirnos a varias revistas: Muy Interesante, nathional Geographic e Historia... cuxos exemplares estarán na nosa Biblio a partires de Xaneiro.
Esperamos que os disfrutedes!!!
Cos novos libros fixemos unha exposición para presentar as novidades a toda a comunidade educativa.

lunes, 11 de noviembre de 2019

anXo mouRe


O Equipo da Biblioteca, xunto co Departamento de Orientación, organizou unha actuación de Anxo Moure, un escritor, contacontos e ecoloxista moi implicado no coidado da Natureza, cousa que nos combina de forma xenial co tema do PLAMBE deste curso: UN MUNDO SOSTIBLE!

Tanto os espectadores de Primaria como os da ESO o pasaron de marabilla e arenderon moitísimo!