Este curso, para conmemorar o Día da Paz, recrearemos na nosa Biblio o vídeo da famosa canción "Zombie" de The Cranberries.
«Zombie» é o primeiro sencillo do 2º álbum de estudio, No Need to Argue, do grupo irlandés The Cranberries, publicado en 1994. Converteuse no tema máis popular do cuarteto irlandés e alzouse co primeiro premio á Mellor Canción nos MTV Europa de 1995.
A canción foi escrita en resposta á morte de dous nenos por mor dunha bomba do IRA na cidade inglesa de Warrington o ano anterior. Denuncian que nada mellorou no conflito de Irlanda do Norte dende o Alzamento de Pascua (Easter Rising) de 1916: "It's the same old theme since nineteen-sixteen".
No vídeo, Dolores O'Riordan, a vocalista recentemente falecida, está cuberta de ouro, diante dunha cruz e rodeada de nenos: "That was my idea and I thought it was a nice idea. It was kind of an abstract thing"
Pódense ver tamén imaxes en branco e negro de soldados británicos en Irlanda do Norte e algúns murais de Belfast.
Este vídeo converteuse nun dos máis recoñecibles década dos anos 90.
No hay comentarios:
Publicar un comentario