A lista de cancións do s.XX que fan referencia á
paz é moi longa pero todas foron compostas por artistas que tiñan a esperanza
de poñer un gran de area para construír un mundo mellor!
Algunhas delas son:
Blowing in the Wind de Bob Dylan. Un dos xenios da canción
protesta con este tema que nos pregunta: canto tempo falla para que nos demos
conta das inxustizas do mundo e reaccionemos ante elas?
Heal the World
de Michael Jackson. Con un conmovedor vídeo no que aparecen rapaces que sofren
as consecuencias da guerra.
Oda a la alegría
de Beethoven. O actual himno europeo non ten unha única letra, pero a maioría
das versións falan de irmandade, sonos e eliminación de barreiras entre os
homes.
Imagine de John
Lennon. Representa a harmonía e a conciliación
entre culturas, un mundo sen fronteiras, sen guerras e sen posesións materiais.
We are the
world
(USA for África). Gravado en 1985 por 45 artistas entre os que se atopaban
Michael Jackson, Stevie Wonder, Lionel Richie ou Bruce Springsteen co obxectivo
de recadar fondos para combater a fame en África.
Give Peace a Chance de John Lennon. Cantada por medio millón de
persoas nas protestas contra a Guerra de Vietnam.
Sólo
le pido a Dios de
Leon Gieco. Unha chamada de atención cara á insensibilización que cada día está
máis presente na sociedade.
No dudaría de Antonio Flores. Un canto ao arrepentimento e á non violencia.
De que che vale? de Jesús Pareja. Fai un ramo de esperanza e
margaridas e reguémolo de paz, amor e vida!
Paz, paz, paz de Juanes. Canto pola paz e a esperanza
para os nenos que son o futuro.
Concordias de papel de Ses. Todo un berro contra a violencia e os malos
tratos.
Imagine de John
Lennon. Representa a harmonía e a conciliación
entre culturas, un mundo sen fronteiras, sen guerras e sen posesións materiais.
We are the
world
(USA for África). Gravado en 1985 por 45 artistas entre os que se atopaban
Michael Jackson, Stevie Wonder, Lionel Richie ou Bruce Springsteen co obxectivo
de recadar fondos para combater a fame en África.
Give Peace a Chance de John Lennon. Cantada por medio millón de
persoas nas protestas contra a Guerra de Vietnam.
No hay comentarios:
Publicar un comentario