martes, 29 de enero de 2019

oBradoiRo de tinGuiDo de cAmiSetAs hiPpies


chaPas

Todos os alumnos do centro deseñaron cadansúa chapa para conmemorar o Día da Paz 2019 coa nosa nova máquina!!!

zOmBie de thE cRanBerriEs

Este curso, para conmemorar o Día da Paz, recrearemos na nosa Biblio o vídeo da famosa canción "Zombie" de The Cranberries.
«Zombie» é o primeiro sencillo do 2º álbum de estudio, No Need to Argue, do grupo irlandés The Cranberries, publicado en 1994. Converteuse no tema máis popular do cuarteto irlandés e alzouse co primeiro premio á Mellor Canción nos MTV Europa de 1995. A canción foi escrita en resposta á morte de dous nenos por mor dunha bomba do IRA na cidade inglesa de Warrington o ano anterior. Denuncian que nada mellorou no conflito de Irlanda do Norte dende o Alzamento de Pascua (Easter Rising) de 1916: "It's the same old theme since nineteen-sixteen". No vídeo, Dolores O'Riordan, a vocalista recentemente falecida, está cuberta de ouro, diante dunha cruz e rodeada de nenos: "That was my idea and I thought it was a nice idea. It was kind of an abstract thing" Pódense ver tamén imaxes en branco e negro de soldados británicos en Irlanda do Norte e algúns murais de Belfast. Este vídeo converteuse nun dos máis recoñecibles década dos anos 90.

lunes, 28 de enero de 2019

múSicA poLa Paz I

Este ano cómprense 50 anos do Festival de Woodstock, aqueles 3 días de música e paz nos que Joan Baez, Janis Joplin, Joe Cocker e Jimi Hendrix, e moitos outros, deron os concertos máis míticos do movemento hippie diante dunhas 400.000 persoas, consolidando definitivamente a contracultura dos anos 60.
A lista de cancións do s.XX que fan referencia á paz é moi longa pero todas foron compostas por artistas que tiñan a esperanza de poñer un gran de area para construír un mundo mellor!
Algunhas delas son:
Blowing in the Wind de Bob Dylan. Un dos xenios da canción protesta con este tema que nos pregunta: canto tempo falla para que nos demos conta das inxustizas do mundo e reaccionemos ante elas?

Heal the World de Michael Jackson. Con un conmovedor vídeo no que aparecen rapaces que sofren as consecuencias da guerra.

Oda a la alegría de Beethoven. O actual himno europeo non ten unha única letra, pero a maioría das versións falan de irmandade, sonos e eliminación de barreiras entre os homes.
Imagine de John Lennon. Representa a harmonía e a conciliación entre culturas, un mundo sen fronteiras, sen guerras e sen posesións materiais.
We are the world (USA for África). Gravado en 1985 por 45 artistas entre os que se atopaban Michael Jackson, Stevie Wonder, Lionel Richie ou Bruce Springsteen co obxectivo de recadar fondos para combater a fame en África.
Give Peace a Chance de John Lennon. Cantada por medio millón de persoas nas protestas contra a Guerra de Vietnam.

Sólo le pido a Dios de Leon Gieco. Unha chamada de atención cara á insensibilización que cada día está máis presente na sociedade.
No dudaría de Antonio Flores. Un canto ao arrepentimento e á non violencia.
De que che vale? de Jesús Pareja. Fai un ramo de esperanza e margaridas e reguémolo de paz, amor e vida!
Paz, paz, paz  de Juanes. Canto pola paz e a esperanza para os nenos que son o futuro.
Concordias de papel de Ses. Todo un berro contra a violencia e os malos tratos.
On écrit sur les murs  de Kids United. Escribimos sobre as paredes mensaxes para os días que veñen, a forza dos nosos soños, as nosas esperanzas en forma de graffitti... escribimos sobre as paredes para que o amor esperte un bo día sobre o mundo adormecido.

martes, 22 de enero de 2019

acRóSticoS dA paZ


A profe María do Departamento de Galego da ESO elaborou estes acrósticos pola Paz cos rapaces do 1º ciclo da ESO. 

Un acróstico é unha composición na que as letras iniciais, medias ou finais de cada verso u oración, lidas en sentido vertical, forman un vocablo ou unha locución.

Con todos eles formaron esta fermosa árbore no corredor!!!

lunes, 21 de enero de 2019

díA de M.L.King

Os Departamentos de Inglés e de Debuxo da ESO xuntáronse para conmemorar o Día de Martin Luther King fancendo uns paneis onde cada alumno de 1º explicaba os seus soños para facer un mundo mellor, seguindo o exemplo do famoso discurso "I Have a Dream"

xoRnaDa na bIbliO doS alumNoS do 1º ciClo de eP

Os profes do 1º Ciclo (Vicente, Goretti e Patricia) organizaron unha xornada moi interesante na nosa Biblio cos alumnos de 1º e 2º de EP para fomentar a lectura a través das adiviñas e fixeron este vídeo para ver o ben que o pasaron...
Tamén farán obradoiros científicos e outras moitas cousas que nos irán amosando!!!

viernes, 18 de enero de 2019

xoGando e aPrenDenDo cos eScorNabotS II


Os rapaces de infantil xa saben manexar de marabilla aos seus robotiños... e fixeron varios percorridos por Portas respectando as sinais de tráfico e aprendendo consellos de seguridade viaria!




jueves, 17 de enero de 2019

oUtRa plaNtillA de pOrtaS

Deseñamos outra plantilla de Portas para os nosos Escornabots!
Esta vez incluimos o campo de fútbol da Rapeira, o pabillón de deportes o unha versión mellorada do noso centro...
Esperamos que vos guste!!!


lunes, 14 de enero de 2019

eDucacióN viaRia en inFantil


Os alumnos de Infantil están a practicar cos robotiños para repasar as sinais de tráfico que xa aprenderon e debuxaron!!!

miércoles, 9 de enero de 2019

efeméRideS muSicaiS, xaNeirO


cAlenDariO 2019



O Equipo de Dinamización da Lingua Galega decidiu facer un calendario personalizado para o ano 2019.

Cada mes está protagonizado por un curso e todas as fotos levan complementos que fan referencia ao mes en concreto, xunto con algún verso ou estrofa dunha canción para conmemorar o tema da Biblio deste curso.

O Equipo da Biblioteca colaborou co deseño da portada, cos debuxos dalgúns dos edificios máis representativos de Portas: o colexio, a estación de tren, o concello, a biblioteca pública, o centro de saúde, o pavillón de deportes, o campo de fútbol... e ata o bar A Rapeira.

Esperamos que vos guste!!!

martes, 8 de enero de 2019

boLetíN xAneirO

Vimos de publicar e repartir o Boletín de Actividades da Biblio para os meses de Xaneiro e Febreiro, coas actuacións para o Día da Paz, os obradoiros de Plástica, a celebración de San Valentín, consellos ALFIN...