viernes, 27 de octubre de 2017

boLeTín nº1. Outubro 2017

O Equipo da Biblioteca ven de elaborar o primeiro número dun boletín bimensual co que pretende recomendar lecturas, dar consellos sobre "alfabetización informacional", avisar das actividades organizadas pola biblioteca, lembrar a personaxes importantes da zona,... Será repartido a todo o alumnado do colexio e publicado na páxina web.
Neste primeiro número facemos as recomendacións de lectura para Samaín (todas terroríficas!!!), damos uns consellos para respectar os "Dereitos de Autor" á hora de facer os nosos traballos e publicacións (seguindo os consellos de C.E.D.R.O.), enumeramos algunhas das actividades propostas pola biblioteca para os meses de Outubro e Novembro e destacamos unha das figuras máis famosas das nacidas pola zona: o matemático, político e topógrafo Domingo Fontán.


No hay comentarios:

Publicar un comentario