Grazas á boa colección de libros de Arte da nosa Biblioteca, os rapaces de Plástica de 4º da ESO puideron facer estas réplicas de páxinas dos famosos tratados de Leonardo da Vinci: envelleceron os papeis con té, fixeron o bosquexo do deseño, o pasaron a tinta ou sanguina (segundo o orixinal) e o remataron coas características anotacións de escritura especular... Quedaron moi fermosos na exposición!
No hay comentarios:
Publicar un comentario