jueves, 17 de junio de 2021

obrAdoiRo de voZ coN soLedaD feLLoza

Hoxe tivemos a gran sorte de contar con Soledad Felloza na nosa biblio, a pesares do ocupadísima que está nestas datas por mor da inminente inauguración da IX Edición del Festival Internacional de Narración Oral Atlántica, do que é directora.

A actividade forma parte do programa Radio na Biblio que organiza a Asesoría de Bibliotecas Escolares e consistiu en un obradoiro de narración oral do máis interesante!

Antes de nada Soledad deu aos rapaces de 1ºESO algunhas indicacións para modular a voz, colocar o micro, evitar problemas vocais, gravar audios na radio entendibles...

Tamén deulles unhas nocións de creación de efectos sonoros (radiografía, papel de celofán, auga...) e de buscalos na rede en bancos de recursos seguros e libres.

Para rematar narrou de marabilla historias propias... polo que os alumnos puideron  ver en primeira liña a arte de contar historias na radio.

Pronto comezaremos a gravar as nosas :)

A verdade é que foi un pracer ter esta visita nestes tempos tan complicados!


Engadimos aquí uns links sobre a autora e o festival para que lles botedes unha ollada:

BIOGRAFÍA

CORREO GALLEGO (Festival Atlántica -16/06/2021-)

MAPA DA NARRACIÓN ORAL EN Europa

No hay comentarios:

Publicar un comentario