Nesta ocasión son dous os videopoemas que compartimos convosco: o primeiro realizouno Bianca Fariña Río (1º ESO) e trátase dunha fermosa e lírica composición que se inspira nas formas e nos temas da tradición popular para facer unha oda en loanza da Lúa. O segundo deles, realizado por Natalia Caamaño Arzúa (tamén de 1º ESO), é un emotivo chamamento á solidariedade e ao apoio mutuo para saírmos da situación que estamos a vivir. Parabéns ás dúas e moitas grazas polos vosos traballos!
Hermosos videopoemas, enhorabuena!!!
ResponderEliminar