Este curso formamos parte de novo do proxecto "Bibliotecas Creativas", organizado pola Asesoría de Bibliotecas da Xunta.
O ano pasado fixemos o proxecto de Educación Viaria cos Escornabots, e éste dannos a oportunidade de comezar unha interesante incursión no mundo da impresión 3D.
Para comezar a nosa aprendizaxe trouxemos de docente invitada a Teba Santos... quen foi profe de Tecnoloxía durante moitos anos no noso centro e que agora, dende o IES Xunqueira II de Pontevedra veu compartir toda a súa experiencia nas materias de TIC e na optativa "Impresión 3D", na que é experta.
Coma primeria actividade deseñou un chaveiro coa imaxe de Domingo Fontán, vectorizando a súa foto co programa de deseño de software libre Inkscape e, a continuación, realizando o deseño 3D na aplicación gratuita Tinkercad.
Pronto seguiremos aprendendo con ela!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario