viernes, 27 de marzo de 2020
díA muNdiAl dO teAtrO 2020
Hoxe celebramos o Día Mundial do Teatro... e para iso compartimos o reto do Festival de Tatro de Almagro de "Lávate las manos con La Vida es Sueño" de Calderón.
Tamén as actividades que propón a Assesoría de Bibliotecas! #besescolaresgalAbertas
jueves, 26 de marzo de 2020
ENvIRoNmENTaL rAP
Os estudiantes de 3º da ESO redactaron e cantaron uns marabillosos raps sobre temas ambientais na materia de Inglés coa profe Susana...
A verdade é que foron realmente valientes e creativos... escoítaos en youtube!!
miércoles, 25 de marzo de 2020
leCtuRaS de conFinamenTo
O Club de Lectura de Galego AS PORTADAS pediu axuda ao equipo da Biblio para acabar de configurar un listado de obras literarias xeradas nun confinamento, inspiradas por unha cuarentena ou incluso as apocalípticas!
Case todos aportaron o seu gran de area e a verdade é que a listaxe quedou máis longa do que pensabamos...
Aquí a tedes, aproveitade este tempo para ler ou redescubrir algunha delas!!!
Case todos aportaron o seu gran de area e a verdade é que a listaxe quedou máis longa do que pensabamos...
Aquí a tedes, aproveitade este tempo para ler ou redescubrir algunha delas!!!
NaTuRaL PaRkS IN SPaiN
O alumnado de 4º ESO realizou estes interesantes vídeos para a materia de Inglés, amosando algunhas das paisaxes fermosisimas e entornos naturais sorprendentes que podemos gozar no noso país.
Bótalle unha ollada e reláxate!!!
Bótalle unha ollada e reláxate!!!
martes, 24 de marzo de 2020
AlberT udErZo
Morre, aos 92 anos, o marabilloso debuxante Albert UDERZO.
Foi o ilustrador das aventuras de Astérix, das que hai publicados 38 álbumes, traducidos a 111 linguas!
Fai uns anos dedicámoslle unha sección na exposición que fixo o Departamento de Francés sobre Bretaña.
Aquí tedes un artigo en La Vanguardia.
lunes, 23 de marzo de 2020
biBlioTecaS eScoLareS aberTas
A Asesoría de Bibliotecas está a recoller o traballo que moitas das Bibliotecas Escolares de Galicia seguen a facer a pesares do confinamento... Botédelle unha ollada!
sábado, 21 de marzo de 2020
díA da pOesíA 2020
A pesares das circunstancias... moitos na rede quixemos celebrar este Día Internacional Da Poesía!.
Por exemplo con iniciativas coma ésta: #POESÍA EN TU SOFÁ (Instagram)
na que un grupo de poetas comparten as súas obras...
FELIZ DÍA A TODOS!!!
jueves, 12 de marzo de 2020
maTeriAl imPreSióN 3D
Chegou puntual o material que mercamos en Smart Materials 3D, despois dunha exhaustiva escolma!
Eleximos filamento de cores moi interesantes como o marfil, o zafiro e o xade.
Tamén mercamos un filamento fluorescente moi especial para os contos luminosos do proxecto de inclusión que leva a cabo a P.T. Davinia!
E, finalmente, un filamento flexible especial para a creación dos moldes que estamos a deseñar para Plástica e Gravado...
Estamos desexando probalos e poder amosaros aquí exemplos!!!
miércoles, 11 de marzo de 2020
obRaDoiRo de tRianGulaCióN maTemáTicA
O profe M. Bugallo do Departamento de Matemáticas organizou un obradoiro cos alumnos de Matemáticas Académicas de 4º da ESO sobre triangulación.
lunes, 9 de marzo de 2020
fRaSeS feiTaS
O Departamento de Galego fixo esta interesante exposición sobre coñecidas frases feitas para poñela no noso corredor.
Botadelle unha ollada que contén moitas curiosidades!
Botadelle unha ollada que contén moitas curiosidades!
lecTuRa e diVerSidadE
Fixemos unha exposición con algúns dos fermosos libros que nos deixou a Asesoría de Bibliotecas da Xunta na "MALETA VIAXEIRA DE LECTURA E DIVERSIDADE".
A profe Sara contou coa inestimable axuda de Víctor de 2º ESO... moitísimas grazas!!!
Uns poucos dos títulos xa os tiñamos na Biblio... e outros estamos desexando mercalos en canto poidamos para incluilos na nosa Guía de Lectura Inclusiva!!!
A listaxe completa é:
A profe Sara contou coa inestimable axuda de Víctor de 2º ESO... moitísimas grazas!!!
Uns poucos dos títulos xa os tiñamos na Biblio... e outros estamos desexando mercalos en canto poidamos para incluilos na nosa Guía de Lectura Inclusiva!!!
A listaxe completa é:
lunes, 2 de marzo de 2020
imPreSióN 3D: doMiNgo foNtáN
Este curso formamos parte de novo do proxecto "Bibliotecas Creativas", organizado pola Asesoría de Bibliotecas da Xunta.
O ano pasado fixemos o proxecto de Educación Viaria cos Escornabots, e éste dannos a oportunidade de comezar unha interesante incursión no mundo da impresión 3D.
Para comezar a nosa aprendizaxe trouxemos de docente invitada a Teba Santos... quen foi profe de Tecnoloxía durante moitos anos no noso centro e que agora, dende o IES Xunqueira II de Pontevedra veu compartir toda a súa experiencia nas materias de TIC e na optativa "Impresión 3D", na que é experta.
Coma primeria actividade deseñou un chaveiro coa imaxe de Domingo Fontán, vectorizando a súa foto co programa de deseño de software libre Inkscape e, a continuación, realizando o deseño 3D na aplicación gratuita Tinkercad.
Pronto seguiremos aprendendo con ela!!!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)