Por iniciativa do Consello de Europa de Estrasburgo, nomeouse o 26 de Setembro de cada ano o Día Europeo das Linguas. Trátase de potenciar a diversidade lingüística e poñer en valor a herdanza cultural do noso continente.
Dende a nosa Biblioteca quixémonos unir a esta celebración levando a cabo varias actividades propostas polo Consello Europeo ás que podedes acceder nesta ligazón.
A profe de Inglés da ESO propúsolles aos alumnos de 1º facer un taboleiro con palabras doutras linguas europeas:
Tamén faremos un deseño para a camiseta conmemorativa do 2020 que enviaremos para o concurso!
No hay comentarios:
Publicar un comentario