sábado, 28 de septiembre de 2019

oBradoiRo de reciClaXe I

Os alumnos de Gravado e Estampación de 1º e 2º da ESO comezaron a elaborar papel artesán reciclando papeis vellos como restos de cartulinas, apuntes xa inservibles ou páxinas amarelas pasada de data!
Ésta é a exposición dos marabillosos traballos!


viernes, 27 de septiembre de 2019

noVidaDe: conTa de tWitteR!!!

Acabamos de crear unha conta da Biblio en Twitter!
Pronto comezaremos a publicar nela...


SÍGUENOS!!!!

jueves, 26 de septiembre de 2019

díA euRopeO daS linGuas

Por iniciativa do Consello de Europa de Estrasburgo, nomeouse o 26 de Setembro de cada ano o Día Europeo das Linguas. Trátase de potenciar a diversidade lingüística e poñer en valor a herdanza cultural do noso continente.

Dende a nosa Biblioteca quixémonos unir a esta celebración levando a cabo varias actividades propostas polo Consello Europeo ás que podedes acceder nesta ligazón.

A profe de Inglés da ESO propúsolles aos alumnos de 1º facer un taboleiro con palabras doutras linguas europeas:
Tamén faremos un deseño para a camiseta conmemorativa do 2020 que enviaremos para o concurso!

cOnTeneDorEs para reCiclaxE

Os alumnos de Infantil están a aprender os fundamentos básicos do reciclaxe grazas ás súas profes Eva, Flora e Yolanda.
Grazas a debuxos coma éstes están a aprender qué residuos teñen que tirar en cada un!

martes, 24 de septiembre de 2019

raDio raPeirA

Por fin temos un estudio de radio como corresponde!!!
Este verano o equipo directivo respondeu ás nosas súplicas e fixo unhas impresionantes obras...
Só falta poñer algúns mobles e facer un mural que lle dé algo de cor.
Pronto comezaremos de novo a emitir... permanecede atentos!!

viernes, 20 de septiembre de 2019

marChas poLo cliMa

Este venres leváronse a cabo numerosas marchas polo clima todo arredor do mundo: Madrid, New York, Berlín, Bangkok, Sidney, Cidade do Cabo... como preámbulo a´Cumbre polo Clima que comezará este lunes en New York.

Enmárcanse dentro dos "Fridays for Future" (Venres polo Futuro), un movemento inaugurado pola nena sueca Greta Thunberg que pretende obrigar aos gobernos a tomar medidas seria para a conservación da Terra.
Aquí podedes ver algunhas imaxes e vídeos que recolle na nova El País!

martes, 17 de septiembre de 2019

aXendA 2019/20

Por 2º curso consecutivo colaboramos co Equipo de Dinamización da Lingua Galega no deseño dunha axenda escolar personalizada para o noso cole.

Como é lóxico está dedicada a Domingo Fontán, pero tamén recolle fotos de exposicións da biblio, os logos dos proxectos nos que estamos inmersos e imaxes do centro.

Xa están a disposición de todos os alumnos... esperamos que os sexa de utilidade!!!


lunes, 16 de septiembre de 2019

un muNdo sosTibLe

Este curso o tema do noso proxecto para o PLAMBE (Plan de Mellora de Bibliotecas de Galicia) titúlase "Un Mundo Sostible", con el queremos concienciar sobre o cambio climático e a contaminación do planeta, tratando de potenciar o reciclaxe, as enerxías renovables, o desarrollo sostible...
Esperamos que vos guste!!!