O Ministerio de Educación e Cultura ofrece a posibilidade de que un autor recoñecido dea unha charla nun centro escolar e, a continuación, faga un coloquio cos estudantes.
Este curso o Departamento de Galego convocou a María Lado e Lucía Aldao para que nos fixeran unha representación musicada dalgúns dos seus poemas.
Tras a actuación, repartiron versos soltos á audencia para que, entre todos, compoñeramos o noso propio poema, que resultou moito máis interesante do que supoñamos!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario