ALgUNhAS dAS CAnCiÓnS MÁiS TErrORÍFiCAS dA HiSToRiA
Highway to Hell de AC/DC. Unha das cancións máis famosas da Historia do Hard Rock.
Ghostbusters de Ray Parker Jr. O tema central da mítica película “Cazapantasmas”.
Rock DJ de Robbie Williams. O final do vídeo no que o cantante arráncase a pel foi censurado nalgúns canais de TV.
Time Warp de The Rocky Horror Picture Show. O baile principal da famosa obra.
Psycho Killer de Talking Heads. Un clásico do rock dos 70 moi misterioso.
This is Halloween de The Nightmare Before Christmas. Unha pegadiza canción de “Pesadelo antes de Nadal” de Tim Burton.
Sweet Dreams (Are Made of This) de Marilyn Manson.Versión moito máis tétrica do tema de Eurythmics.
Sympathy for the Devil de The Rolling Stones. A simpatía polo demo… da súa satánica maxestade.
Disturbia de Rihanna. Unha historia de ansiedade, angustia e depresión, nun agónico vídeo.
Enter Sandman de Metallica. O home do saco da cultura anglosaxona que bota area sobre os ollos para dar soños felices ou horrendos aos nenos.
Everybody (Backstreet's Back) dos Backstreet Boys. Todo grupo disfrazado de monstruos acaban bailando nun castelo embruxado.
Going Under de Evanescence. Fala de saír dunha mala relación, pero consegue ser un dos vídeos máis agobiantes da Historia.
HAI MOITAS MÁIS!!!. SINALA AS TÚAS NOS COMENTARIOS!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario