lunes, 23 de abril de 2018

díA do LiBro 2018

Para celebrar o Día do Libro fixemos varias exposicións dedicadas a Xulio Verne co todo o traballado sobre este escritor ao longo do curso e, á vez, creamos varios marcapáxinas para repartilos cos libros emprestados este mes na Biblioteca:
Durante todo o curso os rapaces do colexio traballaron sobre o escritor Xulio Verne e leron algúns dos seus libros:
Os rapaces de E. Infantil (coas profes Flora e Yolanda) fixeron un achegamento á súa figura e traballos artísticos sobre o tema.
Os de 3º de E. Primaria (coas profes América y Lorena) leron "Geronimo Stilton: La Vuelta al Mundo en 80 Días" e fixeron un fermoso mapa coa sua traxectoria e un dragón chinés como os que empregan nos desfiles!
No Departamento de Inglés leron varios relatos en Lingua Inglesa e fixeron un mapa coas súas viaxes.
No de Francés redactaron a biografía do autor en Francés e en Galego .
En Gravado e Estampación de 1º da ESO fixeron linoleografías con deseños de globos como "Cinco semanas en Globo" e en 2º ESO maquetas de "Viaxe á Lúa", "20.000 Leguas de Viaxe Submarina" e "Cinco Semanas en Globo".
En Plástica traballaron sobre a "Invención de Hugo", un libro baseado en ("Viaxe á Lúa") e fixeron uns fermosos debuxos a lapis.
E no Departamento de Bioloxía a profe Ana fixo unha marabillosa "Viaxe ao Centro da Terra"!!!
Ademais visitamos o Monumento a Xulio Verne no Porto de Vigo...

ESTADE ATENTOS ÁS PRÓXIMAS PUBLICACIÓNS!!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario