Co gallo do Día Internacional de Conmemoración en Memoria das Vítimas do Holocausto (celebrado o 27 de Xaneiro, data en que o Exército Soviético liberou o campo de
exterminio de Auschwitz) os alumnos de 3º e 4º de ESO fixeron unhas recreacións a tinta do libro de banda deseñada "Deportado 4443" de Carlos Hernández. Este cómic relata con imaxes impactantes a presenza dos prisioneiros republicanos españois nos campos de concentración nazis durante a 2ª Guerra Mundial.
Dende o Departamento de Debuxo quixemos facer especial referencia á figura do fotógrafo español Francesc Boix, quen salvou un gran número de fotografías do campo de Mauthausen e que serviron para condenar a moitos nazis nos xuízos posteriores. O seu retrato é o 3º da última fila e foi dibuxado por Celia (3º ESO).
Quixéramos lembrar tamén unha entrada antiga na que facíamos referencia a DEPORTADOS, unha interesantísima web creada no 75º Aniversario da chegada dos
primeiros españois aos campos de exterminio e que lles fai unha merecida homenaxe. Nela aparece recollido gran parte do traballo de investigación que o periodista C.
Hernández plasmou no libro "Os Últimos Españois de
Mauthausen" e, agora, neste cómic.
Aquí podedes ver unha entrevista ao autor na tvg (A Revista) - a partires do min 31-.
Aquí podedes ver unha entrevista ao autor na tvg (A Revista) - a partires do min 31-.
No hay comentarios:
Publicar un comentario