martes, 30 de enero de 2018

rePresentacióNs na biBlioTeca no díA da paZ

Os rapaces de 1º ESO, dirixidos polo Departamento de Galego, fixeron unhas pequenas obras de teatro na Biblioteca para conmemorar o día da Paz e da non violencia:
Hai máis fotos na Galería de Imaxes do colexio:

díA da pAz 2018

O equipo da Biblioteca, xunto coas titorías de Secundaria, elaborou este panel co mapa e algunhas fotografías dos conflitos máis graves que continúan en activo neste momento no mundo enteiro, xa que o desexo que pedimos neste día coas nosas 1.000 grullas foi que rematen cando antes!

domingo, 28 de enero de 2018

1.000 grullas

Coa axuda de toda a comunidade escolar superamos con creces o reto de realizar 1.000 grullas de papiroflexia para conseguir o noso desexo do Día da Paz!!!

MOITÍSIMAS GRAZAS A TODOS POR PARTICIPAR!


Titorial de papiroflexia: GRULLAS

sábado, 27 de enero de 2018

díA en meMoriA do hOlocAusto

Co gallo do Día Internacional de Conmemoración en Memoria das Vítimas do Holocausto (celebrado o 27 de Xaneiro, data en que o Exército Soviético liberou o campo de exterminio de Auschwitz) os alumnos de 3º e 4º de ESO fixeron unhas recreacións a tinta do libro de banda deseñada "Deportado 4443" de Carlos Hernández. Este cómic relata con imaxes impactantes a presenza dos prisioneiros republicanos españois nos campos de concentración nazis durante a 2ª Guerra Mundial.
Dende o Departamento de Debuxo quixemos facer especial  referencia á figura do fotógrafo español Francesc Boix, quen salvou un gran número de fotografías do campo de Mauthausen e que serviron para condenar a moitos nazis nos xuízos posteriores. O seu retrato é o 3º da última fila e foi dibuxado por Celia (3º ESO).

Quixéramos lembrar tamén unha entrada antiga na que facíamos referencia a DEPORTADOSunha interesantísima web creada no 75º Aniversario da chegada dos primeiros españois aos campos de exterminio e que lles fai unha merecida homenaxe. Nela aparece recollido gran parte do traballo de investigación que o periodista C. Hernández plasmou no libro "Os Últimos Españois de Mauthausen" e, agora, neste cómic.
Aquí podedes ver unha entrevista ao autor na tvg (A Revista) - a partires do min 31-.


lunes, 8 de enero de 2018

proXecTo "tRas oS paSos de doMinGo fonTáN"

A Biblioteca coordina un proxecto sobre Domingo Fontán dentro do Plan Proxecta Antonio Fraguas.
Cada Departamento e Ciclo fará a súa aportación segundo as súas características e intereses:

  • Presentacións multimedia.
  • Deseño de pasatempos.
  • Entrevistas personalizadas.
  • Elaboración e análise de enquisas.
  • Obradoiro de trigonometría.
  • Exposición sobre a evolución da cartografía de Galicia.
  • Obradoiro de Litografía.
  • Investigación e exposición sobre as Viaxes Científicas.
  • Actividades coa nova Estación Meteorolóxica.
  • Probas de impresión 3D.
  • Creación da liña do tempo.
  • Asistencias ás homenaxes a Fontán.
  • Lectura do libro "Fontán".
  • Charlas de expertos na materia na nosa Biblioteca.
ESTADE ATENTOS ÁS PRÓXIMAS ENTRADAS!!!

Mira o proxecto global no blog TRAS OS PASOS DE DOMINGO FONTÁN