O curso pasado os departamentos de Inglés e de Plástica da ESO fixemos un proxecto sobre Linguaxe Publicitaria dentro dun dos Plans Proxecta nos que participaba a nosa Biblioteca.
Gañamos o 1º Premio da nosa categoría... e hoxe fixemos un pequeno acto na Biblioteca para recibilo!!
O proxecto baseouse no emprego do Inglés na Publicidade en España e foi desenvolvido polos rapaces de 2º e 3º da ESO.
Fixemos vídeos, campañas publicitarias, logotipos, recompilacións de anuncios e enquisas... ademais dun glosario que recolle os termos anglosaxóns máis habituais!.
Todo o traballo está explicado no blog:
MERCA COS NOSOS COMMERCIALS!!!