O 25 de novembro vense conmemorando o día internacional contra a violencia machista. Como coincide en sábado, o club de lectura preparamos unha obra para o venres 24. O conto "A voda de Leila" incluído no libro O neno can de Fina Casalderrey e Francisco Castro foi o escollido polo club de lectura de 2º de ESO para concienciar sobre as violencias que se exercen sobre a muller, neste caso polo tema de matrimonios amañados en diversas culturas que obrigan a casar a nenas con homes maiores.
A obra foi representada polo club de lectura de 2º de ESO e actuamos en dúas quendas para toda a ESO. Esta actuación insírese dentro das actividades organizadas pola biblioteca, xa que, como se puido apreciar, o Equipo da Biblioteca encheu de carteis todo o centro contra a violencia machista.
No hay comentarios:
Publicar un comentario