sábado, 25 de noviembre de 2017

Actuación do club de lectura contra a Violencia de Xénero

O 25 de novembro vense conmemorando o día internacional contra a violencia machista. Como coincide en sábado, o club de lectura preparamos unha obra para o venres 24. O conto "A voda de Leila" incluído no libro O neno can de Fina Casalderrey e Francisco Castro foi o escollido polo club de lectura de 2º de ESO para concienciar sobre as violencias que se exercen sobre a muller, neste caso polo tema de matrimonios amañados en diversas culturas que obrigan a casar a nenas con homes maiores.
A obra foi representada polo club de lectura de 2º de ESO e actuamos en dúas quendas para toda a ESO. Esta actuación insírese dentro das actividades organizadas pola biblioteca, xa que, como se puido apreciar, o Equipo da Biblioteca encheu de carteis todo o centro contra a violencia machista.

eSpaZo liBre de viOlenCia mAchiSta


O 25 de Novembro celebramos o Día Internacional para a Eliminación da Violencia de Xénero.


Dende a Biblioteca do C.P.I. Domingo Fontán de Portas sumámonos á campaña "Espazos Libres de Violencias Machistas" provomovida por varios concellos galegos enchendo as nosas paredes de carteis contra esta lacra e elaborando o noso propio!.


miércoles, 22 de noviembre de 2017

oBradOiRo de cAligrAfíA

Os alumnos de 2º, 3º e 4º ESO participaron nun obradoiro sobre caligrafía medieval con pluma no Museo do Mar de Vigo. Todos fixeron cadansúa "bula" cos renglóns de barras de chumbio e cunha fermosa Letra Capital, imitando aos copistas de Idade Media...
Quedaron chulísimas!!!


o peRgamiÑo viNdeL

Hoxe fumos de excursión ao Museo do Mar de Vigo para ver a exposición "O Pergamiño Vindel: Un Tesouro en Sete Cantigas", que estará brevemente en Galicia.
O fermosísimo pergamiño que contén as cantigas de Martín Códax está rodeado doutras importantes pezas da Idade Media, que os guías nos foron explicando nun percorrido moi interesante!

domingo, 12 de noviembre de 2017

TYPICAL COSTUMES AROUND THE WORLD


Os alumnos de 2º da ESO fixeron, na clase de inglés,  un mural con fotos de traxes típicos do mundo e acompañaron cada foto de unha descripción da roupa .


Como vedes os traxes son moi variados e chamativos , pero é só unha pequena mostra da gran diversidade que hai e que forman parte das distintas culturas do mundo.

viernes, 10 de noviembre de 2017

seMana da ciEnciA en gAlegO 2017: Viaxe pola Ciencia.

Co gallo da homenaxe a Domingo Fontán na Semana da Ciencia 2017, realizouse no noso centro un acto conmemorativo á súa ao que asistiú o Conselleiro de Educación e no que os alumnos de 3º ESO de Debuxo fixeron unha presentación de diapositivas sobre o traballo deste científico.
Ademais Igaciencia nos deleitou cunha charla teatralizada sobre a figura de Domingo Fontán que dirvertiú e ensinoú moitísimo aos nosos alumnos!



jueves, 9 de noviembre de 2017

seMana da ciEnciA en gAlegO: As viaXes cienTífiCas. DOMINGO FONTÁN

O Departamento de Debuxo de ESO realizou dúas exposicións relativas á figura de Domingo Fontán, de quen o noso centro leva o nome.
Unha delas constituía unha introdución á vida de Domingo Fontán e os estudos e viaxes que le levaron a crear a Carta Xeométrica de Galicia, que adorna o noso corredor.
A outra exposición explicaba polo miúdo a técnica da Litografía (gravado en pedra) co que estamparon o famoso mapa na súa primeira edición.

miércoles, 8 de noviembre de 2017

seMana da ciEnciA en gAlegO: As viaXes cienTífiCas. DARWIN

Para celebrar a Semana da Ciencia en Galego 2017 que está dedicada ás viaxes científicas,  a profesora Ana de Bioloxía da ESO fixo un interesante obradoiro sobre a figura de Charles Darwin e a súa viaxe no Beagle.
Os rapaces de 4º ESO adaptaron e dobraron ao Galego un corto de animación sobre esa viaxe e fixeron unha versión, tamén en Galego, do mapa da trayectoria do Beagle.
Dende a Biblio colaboramos creando marcapáxinas troquelados personalizados que repartiron a todo o colexio en cada pase da película!!!


lunes, 6 de noviembre de 2017

seMana da ciEnciA en gAlegO: As viaXes cienTífiCas.

Este ano o tema da Semana da Ciencia en Galego vainos de marabilla con Proxecto anual da Biblioteca pois é "As Viaxes Científicas". Máis en concreto fai referencia a dúas grandes figuras da Ciencia: Charles Darwin e Domingo Fontán.
Os departamentos de Bioloxía e de Debuxo da ESO quixemos achegar á comunidade educativa estas figuras e para iso fixemos varios obradoiros e exposicións polo centro.
A biblioteca fixo, ademais, unha recompilación das obras dos nosos fondos que fan referencia a estes científicos.