O 21 de Marzo celebramos o Día Internacional da Poesía. Este ano a Biblioteca fixo un taboleiro con exemplos de Acción Poética repartidos polo mundo... en canto mellore o tempo os rapaces de 4º ESO farán a súa propia contribución en Portas!!!
Tamén fixemos unha exposición de libros de poesía da nosa Biblioteca e un taboleiro sobre o autor ao que dedicaron este día: Nikoloz Baratashvili
O Príncipe Nikoloz
"Tato" Baratashvili (en
georgianio ნიკოლოზ "ტატო" ბარათაშვილი) naceu en Tbilisi (Georgia)
o 4 de Decembro de 1.817 e morreu con só 26 anos o 21 de Outubro de 1.845, en Ganja
(Azerbaijan).
Este poeta romántico
georgiano foi un dos primeiros en unir o moderno nacionalismo georgiano co
Romanticismo europeo e en introducir o “Europeísmo”
na Literatura Georgiana.
Por mor da súa morte
tan temprá, Baratashvili deixou una breve herencia de menos de corenta poemas
breves, un poema extenso e algunas cartas persoais.
De todos os xeitos,
é considerado un cumio do Romanticismo georgiano e se lle coñece coma o “Byron”
do Este.
No hay comentarios:
Publicar un comentario