martes, 31 de enero de 2017

a LenDa das 1.000 gruLlas de pApeL

Os alumnos de 4º, 5º e 6º de Primaria fixeron na clase de Relixión un mural en homenaxe a historia de Sadako Sasaki, e adornáronno con fermosas grullas de origami, tarefa na que tamén participaron os rapaces de 1º e 4º de ESO.
Segundo unha lenda xaponesa, o teu maior desexo se fará realidade se constrúes un milleiro de grullas de papel. A consigna de crear grullas de papel na loita pola paz remóntase á historia de SADAKO SASAKI, una das vítimas cativas da bomba de Hiroshima durante a Segunda Guerra Mundial.
Sadako tiña dous anos cando tiraron a bomba sobre a súa cidade. Dez anos máis tarde, como resultado da radiación producida, os médicos diagnosticáronlle leucemia. Cando a pequena estaba no hospital tratándose da súa enfermidade, a súa amiga Chizucho explicoulle a lenda das grullas de papel. Así Sadako proponse curarse construíndo as mil grullas, porén morreu cando só fixera 644. Simbolicamente, os seus amigos continuaron a súa misión coa esperanza de evitar as guerras futuras e acadar a paz entre todos os países do mundo.


No hay comentarios:

Publicar un comentario