Dentro das actividades que se están a realizar este curso temos que destacar esta excursión organizada polos Departamentos de Lingua Galega e Xeografía e Historia para visitar, entre outras cousas, o Museo Galego do Xoguete. Así, nesta viaxe tiveron en conta a temática do proxecto da biblioteca (Xogos e bailes) para visitar, primeiramente Allariz e, logo, Pontevedra.A excursión realizouse o martes 5 de abril e foron 1º e 4º de ESO. En Allariz fíxose un percorrido polo casco histórico e visitouse o Museo da Moda e o Museo do Xoguete pola mañá. Ás catro da tarde visitamos a Fundación Risco para ver a casa na que viviu Vicente Risco durante varios anos (patrimonio da familia da muller do escritor galego)


Dentro do Museo da Moda foi un dos sitios onde mellor o pasamos. Visitamos vellas tendas, vimos fiadeiras, tecelás, rocas, fusos...
... pero o mellor de todo estivo no derradeiro andar; puidemos probar sombreiros, traxes e outros atavíos... ata desfilar pola pasarela...


Logo cruzamos a rúa e fomos ao Museo Galego do Xoguete que está case enfronte do da Moda. Alí fixemos tamén unha parada interesante onde puidemos ver unha boa mostra de enredos de diferentes épocas, destacando sobre todo un "futbolín" de mediados do século XX.







No hay comentarios:
Publicar un comentario