Este mes de xaneiro continuamos coa homenaxe ás obras de Neira Vilas. O escritor finado o pasado novembro de 2015 foi obxecto de exposición en decembro. En colaboración co EDLG, co Departamento de Lingua Galega e co club de lectura "As Portadas" imos celebrar os 55 anos da publicación de Memorias du neno labrego. Debuxos de Balbino, portadas, frases da obra son a nosa homenaxe a este clásico moderno da literatura galega.
Ademais continuamos coa exposición de obras súas na entrada da biblioteca para animar á lectura ou relectura destas obras enblemáticas das nosas letras xunto con algunha das súas últimas publicacións como O xardín de Irene, obra pensada principalmente para o público infantil que poden ler en conxunto cos adultos e adultas.
Aproveitamos tamén para expoñer este mes portadas de obras emblemáticas de Neira Vilas e que maioritariamente se atopan no centro: Cartas a Lelo, Memorias dun neno labrego, Querido Tomás, O cabaliño de buxo, Xente no rodicio, Histiorias de emigrantes son algúns dos clásicos do escritor de Vila de Cruces que temos expostas. A conmemoración da publicación de Memorias é unha boa oportunidade para ler ou reler calquera das súas obras.
No hay comentarios:
Publicar un comentario