Unha
antiga lenda xaponesa (Senbazuru)
dí que se es quen de facer 1.000
grullas de papel serache concedido un desexo...
Durante
milleiros de anos a Cultura Xaponesa apreciou ás grullas coma
símbolos de honor e lealtade, por seren aves maxestuosas, fortes e
elegantes.
Tradicionalmente
nos países asiáticos as grullas son consideradas animais de boa
sorte e se regalan para desexar saúde, felicidade, esperanza e
benestar.
As
grullas de Origami 折り紙
(o
nome xaponés para a papiroflexia: a Arte de dobrar papel, sen
pegamento nin tixeiras) convertíronse nun símbolo da Paz cando a
nena xaponesa Sadako
Sasaki (1943-1955) desexou curarse da súa grave enfermidade causada
pola bomba atómica de Hiroshima.
Porén,
Sadako morreu antes de poder completar o seu traballo polo que os
seus amigos remataron o seu labor como homenaxe.
Os
alumnos da E.S.O. fixeron estas fermosas grullas de Origami para decorar a
entrada do Centro:
No hay comentarios:
Publicar un comentario