lunes, 22 de junio de 2015

pAlpuriñA 2015

Un curso máis colaboramos co Equipo de Dinamización da Lingua Galega na elaboración da revista escolar.
Engadimos algúns artigos sobre os traballos desenvolvidos este ano na Biblioteca... Esperamos que vos gustaran!!!

 
                     
 

jueves, 18 de junio de 2015

Festival fin de curso: bailes do mundo

Este xoves 18 de xuño celebrouse o festival fin de curso para todo o centro; o mércores 17 celebrárase a actividade para pais, nais e familiares.

A temática do festival foi a de bailes e ritmos do mundo: os diversos continentes chegaron a través da música; o protagonismo da música fíxonos achegar ao mundo a través das danzas do alumnado de toda primaria.

Excelentemente caracterizados, bailaron ao son de cada continente segundo os cursos:
E. INFANTIL: Dinamarca e Irlanda
1º E.P.: Portugal
2ºE.P. :Escocia
3º E.P.: Francia
4º E.P.: Irlanda
5º E.P.: Escocia
6º E.P.: Estados Unidos
Nestes vídeos podedes ver os resultados!



martes, 16 de junio de 2015

obrAdoiRo de encAdernAcióN xaPonesa

Os rapaces de 4º da ESO de EPV forraron con papel e encadernaron estas fermosas libretas, empregando a técnica de cosido da Encadernación Xaponesa, que fica sen canto!
Os resultados foron moi vistosos! e os puxemos no expositor da entrada da Biblio!


lunes, 15 de junio de 2015

o baTik da illA de jaVa

Os rapaces da materia optativa de GRES de 3º ESO estamparon tecidos empregando esta antiga técnica de reservas con cera orixinaria da zona de Indonesia.
O procedemento foi moi longo e dificultosos pero os resultados mereceron a pena!
Os tintes empregados en baños consecutivos foron o verde, o vermello o amarelo e o azul... ao final a cera quebra e fai os craquelados tan característicos!

domingo, 7 de junio de 2015

hoMeNaxe á cuLtuRa mesoPotáMica

Os alumnos de Plástica de 3º e 4º da ESO fixeron a súa particular homenaxe á Arte da zona de Mesopotamia amenaza estes días polos extremistas.

Debuxaron os fermosos toros alados ("lamassu") a sanguina sobre papel verxurado e fixeron unha réplica da Muralla de Nínive e dun dos seus Templos escalonados ("Zigurats") que quizáis foron a orixe da historia bíblica da Torre de Babel.

Ademais imitaron ás tablillas de Escritura Cuneiforme traballando con cuñas sobre barro.




jueves, 4 de junio de 2015

eXposiCión de grAvAdo e estAmpAción

Os alumnos de GRES de 3º da ESO fixeron unha exposición coas pranchas de gravado realizadas durante este curso para que o resto do Colexio poida ver as técnicas que empregaron e adentrarse un pouquiño nesta fermosa disciplina...

Traballaron a reo todo o curso... e os resultados foron realmente bós!!!


oriGami xaPonéS

Unha antiga lenda xaponesa (Senbazuru) dí que se es quen de facer 1.000 grullas de papel serache concedido un desexo...
Durante milleiros de anos a Cultura Xaponesa apreciou ás grullas coma símbolos de honor e lealtade, por seren aves maxestuosas, fortes e elegantes.
Tradicionalmente nos países asiáticos as grullas son consideradas animais de boa sorte e se regalan para desexar saúde, felicidade, esperanza e benestar.
As grullas de Origami 折り紙 (o nome xaponés para a papiroflexia: a Arte de dobrar papel, sen pegamento nin tixeiras) convertíronse nun símbolo da Paz cando a nena xaponesa Sadako Sasaki (1943-1955) desexou curarse da súa grave enfermidade causada pola bomba atómica de Hiroshima.
Porén, Sadako morreu antes de poder completar o seu traballo polo que os seus amigos remataron o seu labor como homenaxe.


Os alumnos da E.S.O. fixeron estas fermosas grullas de Origami para decorar a entrada do Centro:


Eiquí podes ver un tutorial moi a modiño: GRULLA DE ORIGAMI


miércoles, 3 de junio de 2015

iMaXes do mUndO

Os alumnos de EPV de 3º ESO fixeron estes fermosos debuxos de magníficas construccións de distintas civilizacións arredor do mundo.
Empregaron para facelos bolígrafos tipo "Bic" e os pegaron sobre sobres de viaxe cos selos dos respectivos países.
Está o Partenón de Atenas, as Pirámides Exipcias, o Skyline de New York, a Alhambra de Granada... e así ata 32 vistas panorámicas!


Nesta presentación os podes ver máis polo miúdo:


martes, 2 de junio de 2015

Exposición sobre o premio Cervantes 2014: Juan Goytisolo

Desde finais de maio temos exposta unha montaxe sobre Juan Goytisolo nun dos paneis externos da biblioteca. A montaxe fala da obra do escritor gañador do premio Cervantes 2014.