Hoxe, 27 de Xaneiro, é o Día internacional de Conmemoración en Memoria das Víctimas do Holocausto, segundo o proclamou a Asamblea Xeral das Nacións Unidas.
Coincide coa data en que, 70 anos atrás, o Exército Roxo Soviético liberou o campo de Exterminio Nazi de Auschwitz.
Nos campos de concentración nazis contamos máis de 1.000.000 de mortos, sobre todo xudeus, pero tamén xitanos, homosexuais, republicanos españois ou soldados soviéticos capturados.
O Equipo da Biblioteca únese ás celebracións que tiveron lugar en todo o mundo en recordo desta data e propoñemos o visionado destas películas sobre o Holocausto (ou a Shoá השואה "a catástrofe" como a chaman os hebreos) e os libros nos que están baseadas, se é o caso:
- "A Lista de Schindler"
- "Amén"
- "O Neno do Pixama a Raias"
- "Shoah"
- "A Vida é Bella"
- "O Pianista"
Co gallo do 75º Aniversario da chegada dos primeiros españois aos campos de exterminio nazis creouse esta web que lles fai unha merecida homenaxe: Deportados e onde se recolle gran parte do traballo de investigación que o periodista Carlos Hernández plasmou no libro "Os Últimos Españois de Mauthausen" (Edicións B.).
Dende o Departamento de Plástica, ademais, quixemos facer referencia á figura do fotógrafo español Francesc Boix, quen salvou dos nazis un gran número de fotografías do campo de concentración de Mauthausen, onde estivo internado e que serviron para condenalos nos xuízos posteriores.

No hay comentarios:
Publicar un comentario