lunes, 30 de noviembre de 2015

Neira Vilas na biblioteca do CPI Domingo Fontán

O pasado 27 de novembro faleceu Xosé Neira Vilas. 
O escritor de Gres é coñecido pola súa sinxeleza e efectividade expresiva ao tempo que destaca por debuxar coas palabras unha obra na que asoman os galegos e galegas de interior na segunda metade do século XX: a pobreza, a emigración, a dureza de traballo no agro pero tamén a amizade, a esperanza, a dignidade, a cultura, a intelexencia da infancia e outros eran temas que con frecuencia recorrente tocou nas súas obras.
Foise un dos grandes pero na biblioteca queremos renderlle homenaxe e por iso comezamos unha exposición sobre o escritor de Vila de Cruces: un pequeno mural lembrando a súa figura e obra e unha exposición de libros seus na entrada da biblioteca

Todo isto poderedes atopar estes días sobre Xosé Neira Vilas. IN MEMORIAN

martes, 17 de noviembre de 2015

xOGOS pOPULARES nO mAGOSTO




 
Este luns 16 de novembro celebramos o magosto no CPI Domingo Fontán. Como vén sendo habitual celebramos a xornada nas horas da tarde e acompañamos o asado de castañas con algúns xogos tradicionais. Mais este curso, dado que o proxecto da biblioteca é "xogos, bailes, danzas e deportes",  realizamos máis actividades ca nunca sobre este tema.







Na realización das actividades, ademais do Equipo de Biblioteca e Extraescolares, participou activamente o EDLG que se encargou de contactar cunha asociación dedicada á recuperación do xogo popular e tradicional e que nos enviou un lote de 25 xogos para o centro (ao longo do curso enviaranos outros lotes tamén de 25 xogos, todos distintos)



Ademais, realizáronse algunhas actividades extras relacionadas con xogos tradicionais: o pano, o tira-puxa da corda, birlos,.... As escollas de equipo nas competicións grupais fixéronse co tradicional "Pasa Martiño" ou "Pasa Perico" (versión autóctona da que é unha variante o coñecido "Pasimisí, pasimisó").






















Ao final resultou moi entretida a tarde, recuperando parte da nosa tradición cultural lúdica ao tempo que pasabamos uns intres divertidos e, como non, degustabamos unhas saborosas castañas asadas pola dirección do centro coa axuda de integrantes da ANPA.

miércoles, 4 de noviembre de 2015

vIDEOCONFERENCIa dA xORNADa dA cIENCIa eN gALEGo

Este mércores 4 de novembro celebrouse o VI Día da Ciencia en Galego organizada pola Coordinadora Galega de ENDL e a Universidade da Coruña. No noso centro apuntámonos á actividade central desta data, a videoconferencia "A máquina que constrúe a mente e a realidade", do profesor do Departamento de Medicina da UdC Xurxo Mariño.

A videoconferencia ofreceuse na biblioteca do noso centro ao tempo que se ofrecía en 106 centros máis en toda Galicia. A proxección realizouse de 12.30 a 13.30. Ao acto asistiu o alumnado de 3º e 4º de ESO e algún profesorado, polo que se xuntou máis de medio cento de persoas na transmisión.

Esta actividade contou co apoio do Equipo de Dinamización da Lingua Galega, Biblioteca e Extraescolares e dos Departamentos de Galego, Ciencias e Tecnoloxía.

martes, 3 de noviembre de 2015

Actividades de Samaín na biblioteca

Ao chegar o Samaín enchemos de terror a biblioteca coma nos últimos anos. Como vén sendo habitual fixemos as tradicionais dramatizacións de contos. Este curso realizamos, a maiores, un concurso de contos de medo para outorgar un agasallo por curso.
Os agasallos, unhas cabazas cheas dun produto terrorífico, lambetadas, outorgábaselle ao relato que lle pareceu máis interesante ao xurado deste ano (Departamento de Extraescolares), mais para repartir entre as e os integrantes do curso xa que o interesante era facer o conto de medo e estimular a imaxinación.

 En primaria organizámonos en catro quendas para lermos Tanneke, princesa das bruxas co club de lectura e logo escoitamos as redaccións que gañaron en cada curso para entregarlles os premios.


En ESO fixemos o xa tradicional contacontos inglés-galego e un conto interactivo, "os sesos do mor
to" onde repartiamos os restos mortais dun finado. Tamén lemos os contos de medo premiados no concurso organizado por Biblioteca, Extraescolares e o EDLG.


pENDURANDo cONTOs dE mEDo


No corredor da biblioteca penduramos unha chea de contos de medo para invitar a lelos a quen quixese nestas datas próximas ao Samaín.

Historias como "O cabalo do demo", "A meiga e o pescador" ou "O defunto dos dentes grandes" serviron para atemorizar a todo aquel que se parase cinco minutos.

Estas historias estaban sacadas do libro Contos e lendas dos países celtas

Concurso de contos de medo para o Samaín

O EDLG, en colaboración co Departamento de Biblioteca e Actividades Extraescolares, elaborou un concurso de contos de medo para o Samaín. Dado que o proxecto da biblioteca deste curso son os xogos, deportes, bailes e danzas, había que incluír unha destas palabras no relato. Concedeuse un premio por curso, aínda que nalgúns cursos destacaron pola súa calidade e participación, todas as etapas do centro conseguiron presentar, en xeral, uns textos finalistas moi interesantes.

As historias premiadas (unha por curso) foron lidas polo club de lectura na celebración do Samaín este xoves 29 de outubro dentro das actividades da biblioteca.

 Os textos seleccionados para representar cada curso foron os seguintes:

Infantil: "Aventura no Samaín", texto colectivo de toda a etapa

Primaria:
1º... "O gato pantasma" de Daniela Fontenla
2º... "A pelota desaparecida" de Uxía Rodríguez
3º... "Un zombi no Domingo Fontán" de Hugo Rebón
4º... "O hotel misterioso" de Andrea
5º... "O medo aos vampiros" de Pablo
6º... "Xenerosa de Prixel" de Lucía Piñeiro

ESO
1º... "Unha bruxa" de Sabela Búa
2º... "A danza da morte" de Lucía Crespo
3º... "O bailarín da escuridade" de Manuel Gorís
4º... "Sorpresa, sorpresa" de Óscar Barreiro

Na categoría de comunidade escolar (pais, nais, profesorado, etc)
"un rápido atallo" de Baia Fernández


jueves, 29 de octubre de 2015

oBraDoiRo de esTamPacióN polo sAmAíN





Este ano, co gallo do Samaín, fixemos un obradoiro de estampación de camisetas e doutros tecidos con motivos terroríficos sacados da fermosa película "Pesadelo antes do Nadal", cos seus protagonistas: Jack, Sally, Zero...

Fixemos estampacións mediante serigrafía de obturación directa e tamén empregamos sprays con plantillas...

A verdade é que os resultados foron moi bos!!! (na presentación da parte inferior podes velas máis polo miúdo).

Esperamos que vos gusten!!!


sábado, 24 de octubre de 2015

díA daS biBlioTecaS


Hoxe, 24 de Outubro, é o día Internacional das Bibliotecas... e para festexalo os ensinamos algunhas das más fermosas do mundo!!!

PREME NESTAS LIGAZÓNS: 1 E 2


miércoles, 30 de septiembre de 2015

beNvidoS!!!

Este curso o Proxecto da Biblioteca Escolar vai sobre XOGOS, DEPORTES E BAILES...

Os rapaces de Gravado e Estampación de 1º ESO axudaron a decorar o taboleiro da Biblio con imaxes de nenos rindo e xogando todo arredor do mundo:
India, China, Rusia, Italia, Nepal, Burkina Faso, Afganistán...


Esperamos que o pasedes moi ben connosco!!!



lunes, 22 de junio de 2015

pAlpuriñA 2015

Un curso máis colaboramos co Equipo de Dinamización da Lingua Galega na elaboración da revista escolar.
Engadimos algúns artigos sobre os traballos desenvolvidos este ano na Biblioteca... Esperamos que vos gustaran!!!

 
                     
 

jueves, 18 de junio de 2015

Festival fin de curso: bailes do mundo

Este xoves 18 de xuño celebrouse o festival fin de curso para todo o centro; o mércores 17 celebrárase a actividade para pais, nais e familiares.

A temática do festival foi a de bailes e ritmos do mundo: os diversos continentes chegaron a través da música; o protagonismo da música fíxonos achegar ao mundo a través das danzas do alumnado de toda primaria.

Excelentemente caracterizados, bailaron ao son de cada continente segundo os cursos:
E. INFANTIL: Dinamarca e Irlanda
1º E.P.: Portugal
2ºE.P. :Escocia
3º E.P.: Francia
4º E.P.: Irlanda
5º E.P.: Escocia
6º E.P.: Estados Unidos
Nestes vídeos podedes ver os resultados!



martes, 16 de junio de 2015

obrAdoiRo de encAdernAcióN xaPonesa

Os rapaces de 4º da ESO de EPV forraron con papel e encadernaron estas fermosas libretas, empregando a técnica de cosido da Encadernación Xaponesa, que fica sen canto!
Os resultados foron moi vistosos! e os puxemos no expositor da entrada da Biblio!


lunes, 15 de junio de 2015

o baTik da illA de jaVa

Os rapaces da materia optativa de GRES de 3º ESO estamparon tecidos empregando esta antiga técnica de reservas con cera orixinaria da zona de Indonesia.
O procedemento foi moi longo e dificultosos pero os resultados mereceron a pena!
Os tintes empregados en baños consecutivos foron o verde, o vermello o amarelo e o azul... ao final a cera quebra e fai os craquelados tan característicos!

domingo, 7 de junio de 2015

hoMeNaxe á cuLtuRa mesoPotáMica

Os alumnos de Plástica de 3º e 4º da ESO fixeron a súa particular homenaxe á Arte da zona de Mesopotamia amenaza estes días polos extremistas.

Debuxaron os fermosos toros alados ("lamassu") a sanguina sobre papel verxurado e fixeron unha réplica da Muralla de Nínive e dun dos seus Templos escalonados ("Zigurats") que quizáis foron a orixe da historia bíblica da Torre de Babel.

Ademais imitaron ás tablillas de Escritura Cuneiforme traballando con cuñas sobre barro.




jueves, 4 de junio de 2015

eXposiCión de grAvAdo e estAmpAción

Os alumnos de GRES de 3º da ESO fixeron unha exposición coas pranchas de gravado realizadas durante este curso para que o resto do Colexio poida ver as técnicas que empregaron e adentrarse un pouquiño nesta fermosa disciplina...

Traballaron a reo todo o curso... e os resultados foron realmente bós!!!


oriGami xaPonéS

Unha antiga lenda xaponesa (Senbazuru) dí que se es quen de facer 1.000 grullas de papel serache concedido un desexo...
Durante milleiros de anos a Cultura Xaponesa apreciou ás grullas coma símbolos de honor e lealtade, por seren aves maxestuosas, fortes e elegantes.
Tradicionalmente nos países asiáticos as grullas son consideradas animais de boa sorte e se regalan para desexar saúde, felicidade, esperanza e benestar.
As grullas de Origami 折り紙 (o nome xaponés para a papiroflexia: a Arte de dobrar papel, sen pegamento nin tixeiras) convertíronse nun símbolo da Paz cando a nena xaponesa Sadako Sasaki (1943-1955) desexou curarse da súa grave enfermidade causada pola bomba atómica de Hiroshima.
Porén, Sadako morreu antes de poder completar o seu traballo polo que os seus amigos remataron o seu labor como homenaxe.


Os alumnos da E.S.O. fixeron estas fermosas grullas de Origami para decorar a entrada do Centro:


Eiquí podes ver un tutorial moi a modiño: GRULLA DE ORIGAMI


miércoles, 3 de junio de 2015

iMaXes do mUndO

Os alumnos de EPV de 3º ESO fixeron estes fermosos debuxos de magníficas construccións de distintas civilizacións arredor do mundo.
Empregaron para facelos bolígrafos tipo "Bic" e os pegaron sobre sobres de viaxe cos selos dos respectivos países.
Está o Partenón de Atenas, as Pirámides Exipcias, o Skyline de New York, a Alhambra de Granada... e así ata 32 vistas panorámicas!


Nesta presentación os podes ver máis polo miúdo:


martes, 2 de junio de 2015

Exposición sobre o premio Cervantes 2014: Juan Goytisolo

Desde finais de maio temos exposta unha montaxe sobre Juan Goytisolo nun dos paneis externos da biblioteca. A montaxe fala da obra do escritor gañador do premio Cervantes 2014.

viernes, 29 de mayo de 2015

Reprodución de músicas do mundo

Para completar a panorámica sobre as músicas do mundo estivemos a facer unha selección de fragmentos de cancións de diversas culturas do planeta. Os arquivos de audio estivémolos reproducindo na pantalla da biblioteca.

jueves, 28 de mayo de 2015

Exposición sobre as músicas do mundo

Non podiamos rematar o curso sen tocar o tema das músicas do mundo. Para iso fixemos en actividades de estudo de 3º de ESO unha exposición con diferentes ritmos, instrumentos e bailes do mundo.

Estes foron algúns dos ritmos que expuxemos nos carteis:

arxentinos
brasileiros
hindús
chineses
angolanos
surafricanos
alemáns
franceses
noruegos
celtas


domingo, 24 de mayo de 2015

trísQueis ceLtAs

Os alumnos de Gravado e Estampación de 3º ESO reciclaron uns CDs vellos para facer uns fermosos trisqueis ao xeito dos antigos Celtas.
Despois os entintaron con tinta graxa e os estamparon sobre papeis especiais de Gravado.


sábado, 23 de mayo de 2015

As linguas do mundo

O curso acaba pero o proxecto da biblioteca, culturas do mundo, é case inesgotable. O EDLG e o Departamento de Lingua Galega e Literatura prepararon unha exposición con alumnado de ESO sobre a diversidade lingüística mundial.
En 2º de ESO fixéronse uns traballos sobre as familias lingüísticas do mundo. Os traballos achegáronse cada un a unha familia ou rama diferente.
En 3º de ESO fixeron artigos xornalísticos sobre situacións de linguas en contacto e como incide a diglosia na situación de determinados idiomas
En 4º de ESO estiveron a traballar en presentacións visuais sobre bilingüísmo e diglosia.

viernes, 22 de mayo de 2015

Escritores do mundo

Durante o mes de maio tivemos nun dos taboleiros da biblioteca unha exposición sobre escritores do mundo. A literatura universal é un concepto moi amplo pero aquí procuramos facer un pequeno mosaico para visualizar a diversidade literaria e cultural do mundo

sábado, 16 de mayo de 2015

o gAlo de bArceloS porTuguéS

 
Os alumnos de 3º ESO da materia optativa de Gravado e Estampación fixeron Xilografías (gravados en madeira) coa imaxe do famoso Galo de Barcelos, unha localidade portuguesa.
Despois de estampalas no tórculo con tinta graxa fixemos a exposición nun taboleiro onde explicamos a lenda que serviú de orixe a este coñecido símbolo:








miércoles, 13 de mayo de 2015

Actuación de Uxía Senlle

Dentro do proxecto da biblioteca "Culturas do mundo" quedábanos gozar das músicas do mundo. E comezamos polas da casa.
O EDLG organizou unha actuación da cantante Uxía Senlle, que nos deleitou con tres concertos na biblioteca: ás 10.30 para infantil e primeiro ciclo de primaria, ás 11.30 para segundo e terceiro ciclos de primaria e ás 12.40 para a ESO
Un éxito absoluto.


domingo, 10 de mayo de 2015

Os mOais da illA de pasCua

Os rapaces de 1º ESO e de 3º ESO fixeron uns debuxos a lapis brando recreando algúns dos Moais, misteriosas esculturas adicadas aos antepasados feitas polos indíxenas de Rapa Nui, a Illa de Pascua (Chile).
Colocámonos no taboleiro do corredor:

miércoles, 29 de abril de 2015

Presentación sobre Eduardo Galeano

Este mes de abril deixounos un dos grandes escritores latinoamericanos nacidos no século pasado: Eduardo Galeano.
Na pantalla do corredor estamos a proxectar unha presentación que fala da súa vida e obra, con frases célebres que quedarán para a posteridade