martes, 29 de abril de 2014

Exposición sobre García Márquez, in memoriam

Este mes de abril produciuse a triste nova do falecemento dun grande escritor: Gabriel García Márquez. Desde o equipo da biblioteca quixemos facer unha lembranza sobre el cunha pequena exposición no noso taboleiro. A obra, algúns premios, portadas de libros seus moi recoñecidos, fotos e algunhas frases famosas súas son o fundamental desta exposición coa que homenaxeamos a este xenial escritor que nos deixou neste 2014.

No hay comentarios:

Publicar un comentario