Co gallo da celebración do Entroido fixemos varias exposicións no colexio ao redor do mundo creado por J.R.R. Tolkien:
* Unha sobre a vida e a obra deste autor, incluíndo as versións cinematográficas das súas obras, con réplicas do contrato de saqueador de Bilbo Bolsón e o mapa do enano Thorin.
* Outra con obras de gravado á "punta seca" sobre os personaxes e as paisaxes máis importantes creados por Tolkien e os libros que temos relacionados con Tolkien na Biblioteca Escolar.
* E, por último, unha con obras a tinta chinesa feitas polos alumnos de 3º ESO con paisaxes do Señor dos Aneis...
No hay comentarios:
Publicar un comentario