viernes, 21 de marzo de 2014

díA munDial da poeSía


Celébrase cada 21 de Marzo coincidindo co equinocio de primavera.

A UNESCO fixo o seguinte comunicado para avalar esta conmemoración: 
"É evidente que unha acción mundial a favor da poesía daría un recoñecemento e un impulso novo aos movementos poéticos nacionais, rexionais e internacionais. Esta acción debería ter coma obxectivo principal soster a diversidade das linguas a través da expresión poética e dar aos que están amenazados a posibilidade de expresarse nas súas comunidades respectivas."

sábado, 15 de marzo de 2014

o muNdo de tolKieN


Co gallo da celebración do Entroido fixemos varias exposicións no colexio ao redor do mundo creado por J.R.R. Tolkien:

* Unha sobre a vida e a obra deste autor, incluíndo as versións cinematográficas das súas obras, con réplicas do contrato de saqueador de Bilbo Bolsón e o mapa do enano Thorin.


* Outra con obras de gravado á "punta seca" sobre os personaxes e as paisaxes máis importantes creados por Tolkien e os libros que temos relacionados con Tolkien na Biblioteca Escolar.


* E, por último, unha con obras a tinta chinesa feitas polos alumnos de 3º ESO con paisaxes do Señor dos Aneis...






a TerrA meDia


Os profesores de Secundaria xunto con dous valentes alumnos disfrazámonos de personaxes da Terra Media creada por Tolkien:

Estiveron Frodo e Sam, Gandalf, Saruman, Aragorn, Arwen, Gimli, Eowyn, un soldado Haradrim... e ata un Nazgûl!!!



martes, 11 de marzo de 2014

ÉrAse unA vEz...

Disfrazámonos de personaxes de contos para celebrar o Entroido!!



E tamén fixemos a nosa particular homenaxe ao cine...