miércoles, 24 de abril de 2019

preMio ceRvaNtes 2019



La poeta uruguaya IDA VITALE recibió el Premio Cervantes 2019.

Aquí podéis leer su discurso completo!

aniMaciÓn á leCturA: 2º ESO

Os alumnos de 2º da ESO fixeron este simpático vídeo colaborativo para animarr a todo o mundo a ler... esperamos que vos guste!!!

martes, 23 de abril de 2019

cAncióNs reLacioNadaS coN liBros

Os Departamentos de Inglés e de Debuxo fixeron cos alumnos de 1º da ESO esta exposición de móbiles nos que recollen as principais cancións do s.XX inspiradas en libros ou poemas!
Esperamos que vos guste!!!

díA do liBro

Para celebrar o Día do Libro 2019 colocamos un taboleiro no corredor para que todos os alumnos e profes do centro escriban o seu libro preferido!

árBorE de liBroS

Co gallo do Día do Libro o 1º Ciclo de Primaria fixo unha árbore cos libros preferidos de cada alumno e tamén os colgaron en móbiles!

lunes, 22 de abril de 2019

aniMacióN á lecTuRa

Os alumnos do 1º Ciclo de Primaria anímannos a ler e a visitar a nosa biblio con este simpático vídeo!

sábado, 20 de abril de 2019

homEnaXe a foNtán na caSa da cuLturA

Unha estupenda representación do cole asistiú á homenaxe a Domingo Fontán que celebra todos os anos por estas datas a Asociación Cultural que leva o seu nome.
A profe Flora foi a encargada de darlles os nosos agasallos: un collage feito por todos os alumnos do colexio e un libriño que recolle o proxecto sobre o grande científico que levamos a acabo o curso pasado coordinado pola Biblioteca.
Esperamos que lles gustara!!!

miércoles, 17 de abril de 2019

aniVerSario doMingO fonTán




Estes son os agasallos que temos preparados para levar ao acto que a Asociación Cultural Domingo Fontán organizou co gallo do aniversario do científico: un marco co collage realizado por todo o colexio e un libriño que resume o proxecto sobre Fontán coordinado dendea Biblioteca o curso 2017/18.

lunes, 15 de abril de 2019

ediFiciO deCoraDo coN liBros

Atopamos na rede unha fachada dun edificio decorada con libros en andeis como nunha Biblioteca!

viernes, 12 de abril de 2019

coLoquiO coN fiNa caSaldeRreY

A escritora Fina Casalderrey acudiú á nosa Biblioteca a dar unha charla aos alumnos do cole!