martes, 17 de diciembre de 2024

naDaL 2024

 


Para o Nadal fixemos unha árbore de folerpas de papeis de libros vellos. Tamén unha exposición de fondos relacionados con estas festas e, en xeral, con valores.

Elaboramos estrelas con materiais de refugallo e decoramos o colexio. 

lunes, 16 de diciembre de 2024

cluB de maNga

Creamos un Club de Lectura de Manga (a partires do club de cómic "Os Atrevidos" de xan Constenla) no que estamos a revisar algúns dos títulos máis coñecidos e a facer unha listaxe para mercar novas coleccións para a nosa biblio.

pReMio tRabaLLo poR pRoxecTos

 


Otorgáronnos o Premio de Traballos por Proxectos da Asesoría de Bibliotecas polo traballo "Arte Xitana" realizado pola profesora Sara Rosales cos 3 niveis de alumnos do departamento de debuxo.
Recibimos un orzamento extra para gastar en materiais e ferramentas interesantes para o noso departamento, cos que queremos mercar un equipo de sublimación, ademais de regalos para os tres alumnos máis implicados.