viernes, 31 de marzo de 2023

xoRnadaS plaMbE

 

A profe Susana simó, da ESO, acudiu este ano ás Xornadas do PLAMBE da Asesoría de Bibliotecas que tiveron lugar en Santiago de Compostela o 31 de Marzo.

Todas as ponencias foron moi interesantes, coma sempre, e nos deron moitísimas ideas para implementar na nosa biblio!

lunes, 27 de marzo de 2023

díA doS auToreS euRopeOs

Neste 27 de Marzo sumámonos á iniciativa da Comisión Europea do Día dos Autores Europeos, para promover a lectura entre os xóvenes cunha lectura conxunta entre moitos centros educativos de toda Europa.

No noso cole participaron profes, alumnos, persoal non docente, nais...

Para máis información premede neste LINK ao blog de Proxectos Europeos


esCoLa de fAmiLiaS


 Grazas á eliminación dos protocolos anti-Covid, puidemos abrir a nosa biblioteca á Escola de Familias organizada polo Departamento de Orientación, así como a varias charlas sobre Educación Emocional, dentro dun PFPP novo deste curso.

jueves, 16 de marzo de 2023

cHarlA doAzóNs

 

Este mes tivemos a sorte de poder contar na nosa biblioteca cunha charla sobre doazóns de órganos e transplantes organizada polo profesor Carlos Castro do Departamento de Bioloxía da ESO.
#súmateaonosoequipo


lunes, 13 de marzo de 2023

QuE mAl día gATO KloPs!


Hoxe tivemos unha xornada marabillosa coa visita á nosa biblio da ilustradora Estefanía Padullés do libro Que mal día gato Klops!

Os nosos alumnos o pasaron de medo vendo cómo facía estes fermosos debuxos e ademais asinounos un exemplar para a biblio!

viernes, 10 de marzo de 2023

DOCUmEntaL dOminGO FontÁN




Hoxe tivemos a honra de poder presentar na nosa biblioteca o documental "Fontán 360. O primeiro rostro de Galicia", realizado polo Departamento de Patrimonio Documental e Bibliográfico de la Diputación de Pontevedra.

Ademais, aproveitamos esta oportunidade paa que o escritor Alberto Fortes nos asinara o noso exemplar de "A viaxe xeométrica de Domingo Fontán".

Para máis fotos e información premede neste LINK AO NOSO BLOG "TRAS OS PASOS DE DOMINGO FONTÁN".

lunes, 6 de marzo de 2023

inStagRam

 

Creamos unha conta da biblioteca en Instagram (@bibliotecacpidomingofontan) para propoñer lecturas e dar publicidade ás novedades.
Ademais, intentamos espallar todos os nosos proxectos nas redes socais, polo que participamos na nova conta de Instagram do colexio coas etiquetas #bibliocpidomingofontan e #abrindoportasaeuropa. 
Ademais, creamos unha conta propia para facer recomendacións de lectura.
Seguimos cos blogs da biblio, da radio, de proxectos europeos e de correspondentes xuvenís. e e co Twitter da biblio.
E creamos apartados específicos na web do colexio.