jueves, 27 de octubre de 2022

saMaín 4

Escolma de libros terroríficos da biblioteca escolar... BOTA UNHA OLLADA ÁS NOVAS ADQUISICIÓNS no corredor do cole!!!


SaMaín 3

 Photocall chulísimo da profe Jesica Marín, de 1º de EP, para que che fagas fotos de medo polo Samaín!!!



miércoles, 26 de octubre de 2022

sAmaíN 2

 Novos marcapáxinas do CPI Domingo Fontán co gallo da celebración do Samaín 2022!!!



martes, 25 de octubre de 2022

lunes, 24 de octubre de 2022

díA daS bibLioTecaS 2022

Para festexar o día das bibiotecas realizamos un reparto de marcapáxinas personalizados e nos unimos á Asesoría de Bibliotecas e ao Ministerio de Cultura nas súas celebracións!

Se queres descargarte os marcapáxinas preme AQUÍ

Para acceder ao apartado na web da Asesoría preme AQUÍ

E para o do Ministerio AQUÍ


viernes, 21 de octubre de 2022

jaVieR maRíaS

A profesora Sé Senande fixo este taboleiro cos alumnos de 4º da ESO sobre o escritor Javier Marías, recientemente finado.

Tamén expusimos os libros que temos del na Biblioteca do cole!

lunes, 17 de octubre de 2022

poXectoS inTerdiScipliNarioS e proGramaS euRopeoS no PFPP



Comezamos as primeiras actividades do noso Plan de Formación do Profesorado (PFPP) 2022/23!!!
Nesta primeira sesión expuxemos os nosos proxectos interdisciplinarios máis interesantes e os avances que fumos acadando nos programas europeos.
Como relatores contamos con Carlos Castro, Susana Sabarís e Susana Simó.
Para saber máis sobre eles premede no LINK ao blog "Abrindo Portas a Europa"




 

viernes, 14 de octubre de 2022

noBel de liTeraTrura 2022


 A francesa Annie Ernaux ven de gañar o Nobel de Literatura.

Aquí deixamos o link á wikipedia por se queredes coñecer mellor a esta escritora!

biBlio iNcluSivA

 

Aquí poÑemos o LINK á páxina de recursos gráficos de ARASAAC onde podedes encontrar algunhas das iconas que imos empregar na nosa biblioteca!

É moi interesante navegar pola súa páxina web e atopar pictogramas ou aprender a lingua de signos!

Coma eles mesmos se presentan:

ARASAAC ofrece recursos gráficos e materiais adaptados baixo licenza Creative Commons (BY-NC-SA) para facilitar a comunicación e a accesibilidade cognitiva a todas as persoas que, por diferentes factores (autismo, discapacidade intelectual, descoñecemento da lingua, persoas maiores...) presentan graves dificultades nestas áreas, que dificultan a súa inclusión en calquera ámbito da vida cotiá.

O proxecto está financiado pola Consellería de Educación, Cultura e Deportes da Xunta de Aragón e coordinado pola Dirección Xeral de Innovación e Formación Profesional.

lunes, 10 de octubre de 2022

día dA saúDe menTal


O 10 de Outubro celebramos o Día da Saúde Mental e dende o CPI quixemos colaborar facendo unha exposición cos fondos que temos relacionados co que a OMS define como "un estado de benestar no que cada individuo desenvolve o seu potencial, pode afrontar as tensións da vida, pode traballar de forma produtiva e fructífera e pode aportar algo á súa comunidade".

Aquí tendes un vídeo que fixo a profe Sé:



martes, 4 de octubre de 2022

biBLioTeca de auLa

 



Estamos a elixir e mercar estanterías e coxíns para mellorar as bibliotecas de aula de E. Primaria.
A verdade é que estes rapaces están encantados cos seus cestos e len a todas horas, pero queremos aproveitar o orzamento especial para equipamento do PLAMBE para facer un recuncho máis bonitiño!