jueves, 22 de diciembre de 2022

posTaiS inTernaCionaiS


 Vimos de recibir postais das escolas europeas coas que contactamos no curso ERASMUS+ de Praga para loitra contra o abandono escolar temperán!

lunes, 19 de diciembre de 2022

bo naDaL a toDos!!!

Este curso queremos dexesar unhas boas festas de Nadal con esta árbore de felicitacións en distintas linguas coma homenaxe ao noso PLAMBE deste curso EuroMission dentro do noso proceso de internacionalización da nosa escola e dos Programas Europeos!

viernes, 16 de diciembre de 2022

reComenDaciÓns de LEctuRa paRa o naDaL

 

Aquí tedes a exposición coas nosas recomendacións de lectura para este Nadal!

Para máis imaxes visitade a nosa conta de Instagram @cpidomingofontan

sábado, 3 de diciembre de 2022

día InternaCionaL das personAs con DiscApAcidAde

O Equipo de orientación organizou unha preciosa actividade para festexar o Día internacional das personas con Discapacidade que se celebra o 3 de Decembro.

A actividade titúlase "Baixo o Mesmo Paraugas" e quere axudar a visibilizar os problemas aos que se enfronta este colectivo!

#baixoomesmoparaugas



jueves, 1 de diciembre de 2022

noVa conTa naS reDes soCiaiS

 

Temos unha nova conta do colexio nas redes sociais... búscanos en Instagram!

@cpidomingofontan

Engádese ás anteriores do Departamento de Debuxo @epva_cpidomingofontan, @english_cpidomingofontan e @correspondentesdeportas

viernes, 25 de noviembre de 2022

ConTra a vioLenciA de xÉneRo


 Visitade o taboleiro sobre a loitas das mulleres en Irán que temos nos taboleiros do corredor.

Animamoos a que botedes unha ollada as publicacións das redes sociais con hastags coma #iranianwomenlifesmatter

haiKus contRa a vioLenciA de xéNero


 Para ler os haikus elaborados co gallo do día contra a violencia de xénero vosotade o noso Instagram

@cpidomingofontan



jueves, 24 de noviembre de 2022

25N esColmA de leCtuRas

 


Aquí tedes a exposición das lecturas relacionadas coa violencia de xénero e a igualdade que eliximos este curso para celebrar este 25 de Novembro.

 

martes, 15 de noviembre de 2022

jueves, 10 de noviembre de 2022

iGuaLdade

Na nosa Biblioteca asistimos a un contacontos sobre Igualdade realizado por Gemola (Genma Pardo) para os rapaces de E. Infantil e 1º de E. Primaria. 

Vestida coma Pipi Calzas Longas, ensinou á vez que entretivo aos nosos alumnos cambiando os finais dalgúns dos contos clásicos.

martes, 1 de noviembre de 2022

sAmaíN 7

O Equipo de Dinamización da Lingua Galega fixo un fermoso e terrorífico vídeo para recoller todas as actividades feitas polo Samaín.

Premede neste LINK para velo!

saMaíN 6

Os rapaces dos Clubes de Lectura realizaron uns contacontos incribles para facer pasar terroro a todos os alumnos do colexio!

Aquí tendes algúns dos mellores momentos:



saMaíN 5

 


AQUÍ TENDES ALGÚNS DOS PREMIADOS NO CONCURSO DE RELATOS DE TERROR!


A listaxe completa é:

Gañador de E.Infantil (debuxo)

Leo Fariña de 2ºA. Gañador de 1º, 2º e 3º de EP.

Juan Piñeiro. Gañador de 4º 5º e 6º de EP.

Adán Pomar de 1º. Gañador do 1º ciclo da ESO.

Rodrigo Ruibal de 3º. Gañador do 2º ciclo da ESO.

Profesorado: Ex aequo Rosa Lago e María Roma.



jueves, 27 de octubre de 2022

saMaín 4

Escolma de libros terroríficos da biblioteca escolar... BOTA UNHA OLLADA ÁS NOVAS ADQUISICIÓNS no corredor do cole!!!


SaMaín 3

 Photocall chulísimo da profe Jesica Marín, de 1º de EP, para que che fagas fotos de medo polo Samaín!!!



miércoles, 26 de octubre de 2022

sAmaíN 2

 Novos marcapáxinas do CPI Domingo Fontán co gallo da celebración do Samaín 2022!!!



martes, 25 de octubre de 2022

lunes, 24 de octubre de 2022

díA daS bibLioTecaS 2022

Para festexar o día das bibiotecas realizamos un reparto de marcapáxinas personalizados e nos unimos á Asesoría de Bibliotecas e ao Ministerio de Cultura nas súas celebracións!

Se queres descargarte os marcapáxinas preme AQUÍ

Para acceder ao apartado na web da Asesoría preme AQUÍ

E para o do Ministerio AQUÍ


viernes, 21 de octubre de 2022

jaVieR maRíaS

A profesora Sé Senande fixo este taboleiro cos alumnos de 4º da ESO sobre o escritor Javier Marías, recientemente finado.

Tamén expusimos os libros que temos del na Biblioteca do cole!

lunes, 17 de octubre de 2022

poXectoS inTerdiScipliNarioS e proGramaS euRopeoS no PFPP



Comezamos as primeiras actividades do noso Plan de Formación do Profesorado (PFPP) 2022/23!!!
Nesta primeira sesión expuxemos os nosos proxectos interdisciplinarios máis interesantes e os avances que fumos acadando nos programas europeos.
Como relatores contamos con Carlos Castro, Susana Sabarís e Susana Simó.
Para saber máis sobre eles premede no LINK ao blog "Abrindo Portas a Europa"




 

viernes, 14 de octubre de 2022

noBel de liTeraTrura 2022


 A francesa Annie Ernaux ven de gañar o Nobel de Literatura.

Aquí deixamos o link á wikipedia por se queredes coñecer mellor a esta escritora!

biBlio iNcluSivA

 

Aquí poÑemos o LINK á páxina de recursos gráficos de ARASAAC onde podedes encontrar algunhas das iconas que imos empregar na nosa biblioteca!

É moi interesante navegar pola súa páxina web e atopar pictogramas ou aprender a lingua de signos!

Coma eles mesmos se presentan:

ARASAAC ofrece recursos gráficos e materiais adaptados baixo licenza Creative Commons (BY-NC-SA) para facilitar a comunicación e a accesibilidade cognitiva a todas as persoas que, por diferentes factores (autismo, discapacidade intelectual, descoñecemento da lingua, persoas maiores...) presentan graves dificultades nestas áreas, que dificultan a súa inclusión en calquera ámbito da vida cotiá.

O proxecto está financiado pola Consellería de Educación, Cultura e Deportes da Xunta de Aragón e coordinado pola Dirección Xeral de Innovación e Formación Profesional.

lunes, 10 de octubre de 2022

día dA saúDe menTal


O 10 de Outubro celebramos o Día da Saúde Mental e dende o CPI quixemos colaborar facendo unha exposición cos fondos que temos relacionados co que a OMS define como "un estado de benestar no que cada individuo desenvolve o seu potencial, pode afrontar as tensións da vida, pode traballar de forma produtiva e fructífera e pode aportar algo á súa comunidade".

Aquí tendes un vídeo que fixo a profe Sé:



martes, 4 de octubre de 2022

biBLioTeca de auLa

 



Estamos a elixir e mercar estanterías e coxíns para mellorar as bibliotecas de aula de E. Primaria.
A verdade é que estes rapaces están encantados cos seus cestos e len a todas horas, pero queremos aproveitar o orzamento especial para equipamento do PLAMBE para facer un recuncho máis bonitiño!

jueves, 22 de septiembre de 2022

díA euRopeO daS linGuaS 2022

O Día Europeo das Linguas celébrase o 26 de Setembro por iniciativa do Consello de Europa, para poñer en valor a diversidade lingüística europea e para promover a aprendizaxe de idiomas.

A Unión Europea recoñece 24 linguas oficiais, ás que cómpre sumar arredor de 60 linguas denominadas rexionais ou minoritarias. Ademais, no territorio europeo fálanse algo máis de 100 linguas procedentes doutros continentes do mundo que usan a diario persoas inmigrantes.

Para festexar esta data, a profe Susana do Departamento de Inglés fixo este taboleiro cos alumnos de 3º da ESO. Nel escribiron algunhas citas famosísimas de personaxes célebres no seu idioma orixinal así coma en Inglés e en Español.

To conmemorate the Day of European languages the students of 3ESO have created this exhibition with famous quotes by different personalities (Einstein, Descartes, Oscar Wilde...).

The quotes are in the original language, English and Spanish.

A Xunta, o Consello de Europa, o Instituto Cervantes e moitas outras organizacións tamén propoñen todos os anos algunhas actividades para celebrar este día... para saber máis PREMEDE NESTE LINK!


jueves, 1 de septiembre de 2022

cdU da coNtornA

Xa temos moi avanzado o rexistro de fondos coa nova CDU 04 que leva unha liña distintiva cor laranxa claro para sinalar os fondos relacionados coa contorna, co Concello de Portas, coas publicacións do noso propio CPI e con todo o relacionado con Domingo Fontán, o científico do que levamos o nome.

Esperamos que vos guste!!!

lunes, 20 de junio de 2022

graFFiti

 


Acabamos o curso 2021/22 cun marabilloso obradoiro de graffiti organizado polo Departaento de Debuxo a cargo do Estudio Culebra de Pontevedra co artista RAS!

Para máis fotos premede no LINK ao blog "Tras os pasos de Domingo Fontán"

sábado, 11 de junio de 2022

Premio de Divulgación Científica 2022


Manuel Casalderrey,  Premio de Divulgación Científica 2022 da Real Academia Galega de Ciencias


Eu tiven a sorte de ter sempre moi bos profesores... pero case podo dicir que éste foi o mellor.

Noraboa por este tan merecidísimo recoñecemento!!!

LINK ao artigo na Voz de Galicia

jueves, 9 de junio de 2022

iluStraCión


 Un curso máis, na ESO levamos a cabo un obradoiro de ilustración de libros baseado na INVENCIÓN de HUGO.

Os debuxos foron realizados a lapis e a verdade é que saiú estupendo!!!

miércoles, 1 de junio de 2022

escoLa de xaDreZ


 Co gallo do noso 50º aniversario quixemos tamen lembrar á Escola de Xadrez que entrena na nosa Biblioteca que supón sempre unha chea de premios e recoñecementos incluso a nivel nacional!

pegaTinaS


 A Biblioteca deseñou estas pegatinas plateadas para seguir a celebrar o 50º aniversario do noso cole!!!

jueves, 26 de mayo de 2022


 Animamos a toda a comunidade educativa a que publicase en Twitter coa etiqueta da Biblioteca @BiblioDf, un comentario sobre a súa experiencia no CPI Domingo Fontán co hastag "#estudieino CPI" ou "#traballeinoCPI" segundo fora o caso!