viernes, 30 de abril de 2021
viernes, 23 de abril de 2021
Día do Libro III
A profe Nadya, de Lingua Castelá, promoveu a reseña de libros nas súas aulas e logrou que surxiran estes aplicados "booktubers"!
díA do liBro 2021
Para celebrar o Día do Libro 2021, os alumnos da ESO grabaron este podcast na nosa Radio Rapeira.
Imitando a "Chris por la Mañana en la K-oso", de Doctor en Alaska, atrevéronse a ler comezos marabillosos dalgúns dos libros más famosos da Literatura... e sen ensaiar!!!
Agradecemos moitísimo o esforzo destes valentes: María, Mario, Bianca, Xián, Marta, Antía, Roi, Yago, Xurxo, Carla e Nerea.
¿Cantos destes libros recoñecedes polas súas primeiras liñas?
viernes, 16 de abril de 2021
xorNadaS pLamBe 2021
Este ano as Xornadas dos centros do Plan de Bibliotecas Escolares de Galicia puderon celebrarse... aínda que de xeito virtual.
A verdade é que o resultado foi moi bo e as ponencias, coma sempre, realmente interesantes!
Moita da temática versou sobre a educación ALFIN e Mediática, a Biblioteca Inclusiva e a Animación á Lectura, aínda que tamén da motivación e da superación dos problemas da pandemia.
Estas xornadas, moi intensas, tiveron un peche de luxo coa entrevista a Irene Vallejo, gañadora do Premio Nacional de Ensaio 2020 coa súa obra sobre libros e bibliotecas "El infinito en un Junco".
Esta entrevista, chea de amor polos libros, resultou realmente inspiradora para seguir a traballar na nosa biblio con renovado entusiasmo!!!
jueves, 8 de abril de 2021
día Do poBo xiTano
Para festexar neste 2021 o Día Internacional do Pobo Xitano, os propoñemos aquí algúns links de interese sobre a cultura xitana:
8
de abril: DÍA INTERNACIONAL DO POBO XITANO
"Lección
Gitana": repaso sobre os acontecementos máis importantes da Historia
do Pobo Xitano.
"El
tatuaje que más duele", contra a discriminación que sofre esta minoría.
ARTE
HELIOS GÓMEZ
(Real Academia de Historia). Artista e ilustrador.
LITA
CABELLUT unha das pintoras españolas máis cotizadas na actualidade (aínda
que últimamente se cuestiona a súa orixe).
UNIDADES DIDÁCTICAS PARA TRABALLAR SOBRE ESTE
TEMA:
Generalitat
Valenciana (dende Infantil a 4º ESO).
Educar
frente al antigitanismo (Ministerio de Educación) -ESO-
Materiales
didácticos sobre el pueblo gitano (Ministerio de Educación) -EP-