martes, 30 de marzo de 2021

marCapáXinas

 

Os alumnos de Infantil crearon estes orixinais marcapáxinas:

A verdade é que quedaron ben chulos!!!

lunes, 22 de marzo de 2021

noVo ínDice na weB

Organizamos un pouco mellor o apartado da Biblio na web do cole dada a inxente cantidade de información que fumos xuntando nestes últimos anos.

Agora deseñamos un índice que facilita moito a busca... esperamos que vos guste e os pareza prático!!!

domingo, 21 de marzo de 2021

díA da poeSíA II

A profe Carmen, de Lingua Castelá, aproveitou a celebración do Día da Poesía para facer un creativo obradoiro: os rapaces de 1º ESO tiñan que compoñer as súas propias obras pero seguindo uns parámetros moi concretos!

Nesta ligazón publicamos os resultados!


díA da poeSíA 2021

Os alumnos de 3º da ESO aproveitaron esta semana para escribir preciosos versos sobre as paredes e as columnas do patio...

Mesturaron algúns versos clásicos con frases das súas cancións preferidas de NachScracht; Beret, C.Tangana...

lunes, 8 de marzo de 2021

díA iNterNacional da muLLer 2021

O Departamento de Inglés da ESO uníuse ao reto "#Choose to Challenge" para celebrar o Día Internacional da Muller 2021.

Botadelle unha ollada ao vídeo dos alumnos de 4º... esperamos que vos guste!!!

8M na raDio rapeiRa

No blog da RADIO RAPEIRA publicamos un marabilloso podcast do grupo de 4º Primaria da profe Eva que fixeron para este 8 de Marzo.

Conta a historia de Pepiño e Maruxa... e ata canta toda a clase.

Premede AQUÍ para escoitalo!!!

muRal 8M

Os alumnos de 4º quixeron decorar unha columna da súa aula para celebrar a IGUALDADE.

Moitas grazas a Aroa, Mariña, Lucía M, Lucía F e Félix polo seu traballo!

martes, 2 de marzo de 2021

pitAs baiXo a choiVa

Os alumnos de 1º de Primaria, coa profe María, traballaron sobre o libro "As pitas baixo a choiva" de Carvallo Calero.

Disfrutaron e aprenderon moitísimo. Aquí os deixamos algunhas das súas creacións: