sábado, 31 de octubre de 2020

saMaín 2020

Obradoiro de Cómic: THE WALKING DEAD

Os alumnos de 3º e 4º da ESO fixeron un obradoiro de cómic baseado na saga dos Mortos Vivientes, empregando tinta chinesa.

A verdade é que os resultados foron moi bos!

Seguindo o protocolo anti-Covid non espuxemos os traballos no taboleiro coma outros anos, porén podedes botarlles unha ollada as fotos.


lunes, 26 de octubre de 2020

coMenZanDo o caMiñO

Os rapaces de 3º de EP, coa súa profe Patri, comezaron xa a adentrarse no proxecto deste ano do noso PLAMBE: "O Camiño de Santiago".

Fixeron cadansúa cuncha de PEREGRINO coa CRUZ DE SANTIAGO para poñela ao pescozo... quedaron moi ben!!!

viernes, 23 de octubre de 2020

díA das bibLioTecaS

Cada 24 de Outubro celebramos o Día das Bibliotecas.

Este curso a nosa biblio non está todo o aberta que quixeramos... pero segue en funcionamento!

Para festexar este día decidimos dar un presente a cada alumno do cole:

Aos máis pequenos lles regalamos libros dos Bolechas sobre medio ambiente e reciclaxe, aos medianos libretas decoradas das bibliotecas e aos maiores camisetas. E marcapáxinas da nosa biblio para todos!

FELIZ DÍA!!!

lunes, 19 de octubre de 2020

díA das eScritoraS

O Día das Escritoras celébrase o luns máis cercano ao 15 de Outubro.

Pretende recuperar o legado das mulleres escritoras e facer visible o seu traballo na Literatura ao largo da Historia.​

Nós aproveitamos esta ocasión para amosar os carteis de escritoras galegas que o Equipo de Dinamización da Lingua Galega colocou nalgunhas das aulas do noso cole!



viernes, 9 de octubre de 2020

o veRme daS lecTuraS


Este curso os rapaces de 3º de EP en vez de facer os seus famosos pasaportes literarios, crearon cadanseu VERME de lecturas no que van engadindo aneis segundo os libros que leen.

A verdade é que é unha idea moi orixinal e que lles anima moito a seguir lendo a pesares do curso complicado que temos por diante!

jueves, 1 de octubre de 2020

moBiliaRio noVo

Grazas ao orzamento para equipamento otorgado pola Xunta no Proxecto PLAMBE puidemos adquirir uns novos complementos para a nosa biblio: un moble de caixóns vermello para os xogos da B. Inclusiva, estanterías específicas para os DVDs, papeleiras con tapa, novos mobles por módulos para libros e un deshumidificador realmente práctico e elegante!

Aproveitamos para facer unha gran redistribución, limpeza e repintado da sala... pronto poremos fotos dos resultados!


adeUs a quiNo


Hoxe deixounos Joaquín Salvador Lavado, o famoso QUINO, creador da inmortal Mafalda.

Eu tiven o honor de coñecelo, hai xa moitos anos, cando veu a Sanxenxo con Juan Padrón, outro gran debuxante, que tamén nos deixou hai ben pouco 😔

Aquí deixamos algúns links a varios xornais que recollen esta triste nova:

La Vanguardia

El País

El Mundo