A profe Sara contou coa inestimable axuda de Julio, Mario e Paula de 1º e 2º da ESO... moitísimas grazas chicos!!!
jueves, 30 de enero de 2020
dÍa da paZ 2020/4
O Departamento de Plástica deseñou un símbolo da paz xigante con CDs antigos para a entrada do colexio.
dÍa da paZ 2020/3
A profe María, do Departamento de Galego, deseñou cos seus alumnos este mural sobre a paz con materiais de refugallo...
Os rapaces compuxeron uns inxeniosos ACRÓSTICOS pola Paz... Eperamos que vos encante!
dÍa da paZ 2020/2
Os profes Vicente e Patri, do 1º Ciclo de Primaria fixeron cos seus marabillos alumnos esta pomba da Paz con tapóns reciclados.
Quedou realmente preciosa!
Ademais as profes de Infantil, Eva, Yolanda e Flora, fixeron cos máis pequenos do cole estes símblos da paz multicores con material de refugallo para facerlle este bonito marco!:
Quedou realmente preciosa!
Ademais as profes de Infantil, Eva, Yolanda e Flora, fixeron cos máis pequenos do cole estes símblos da paz multicores con material de refugallo para facerlle este bonito marco!:
díA dA pAz 2020/1
Toda Primaria, coa colaboración das familias, participou na proposta do Equipo da Biblioteca par deseñar cadanseu símbolo da Paz con material de refugallo.
Houbo ideas realmente chulas!!
Aquí deixamos algunhas das creacións:
Houbo ideas realmente chulas!!
Aquí deixamos algunhas das creacións:
miércoles, 22 de enero de 2020
charLa soGaMa
SOGAMA levou a cabo na nosa Biblioteca unha charla explicativa sobre reciclaxe activa para os alumnos de E. Primaria.
Foi moi interesante e, ademais de divertirse, aprenderon moito sobre o tema, á vez que puideron resolver algunhas das súas dúvidas, por exemplo que os botes de medicamentos baleiros tamén hai que levalos ao Punto Sigre das farmacias, a pesares de seren envases, ou que os corchos das botellas van ao contenedor verde por seren produtos orgánicos!
lunes, 20 de enero de 2020
díA de mArTin luTheR kiNg
Os departamentos de Inglés e de Debuxo xuntáronse, unha vez máis, para celebrar o Día de Martin Luther King, que se festexa cada ano o terceiro luns de Xaneiro, data que coincide preto do seu nacemento.
Este ano os alumnos de 4º da ESO fixeron un proxecto que fala dos sonos... Cal é o teu?
Aquí podedes ver todas as fotos:
Este ano os alumnos de 4º da ESO fixeron un proxecto que fala dos sonos... Cal é o teu?
Aquí podedes ver todas as fotos:
miércoles, 8 de enero de 2020
cenTeNariO dE gaLdóS
Dende a Biblioteca do CPI Domingo Fontán celebramos o primer centenario do pasamento do escritor Benito Pérez Galdós (o 4 de Xaneiro do 2020) cunha exposición que recolle algunhas pinceladas da súa obra, datos de relevancia e un interesante artigo no xornal:
calenDariO 2020
Un ano máis colaboramos co Equipo de Dinamización da Lingua Galega na realización da portada do calendario para este ano...
Eleximos a imaxe de Domingo Fontán, pero realizada con material de refugallo polo Departamento de Plástica e sobre unha das marabillosas, e moi usadas, mesas do taller!!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)