viernes, 20 de diciembre de 2019

coRResPonDentEs xuVeníS 3.0

Este curso participamos de novo no Plan Proxecta Correspondentes Xuvenís 3.0
O alumnado participante é o de 4º da ESO e a súa tarefa, un ano máis, é a de espallar pola contorna toda a información interesante que nos envía a Dirección de Xuventude da Xunta.
O que máis lles gustou, dende logo, foi o encontro de correspondentes xuvenís que se celebrou no albergue de Gandarío no que levaron a cabo moitísimas actividades!

bo nAdaL!!!


Para despedirnos ata o vindeiro ano deixamos aquí a imaxe que os rapaces de 2º da ESO fixeron para o calendario 2020 e que constitúe unha "eco-árbore" de Nadal...
Con ela queren lembrarnos as 3R: reducir, reutilizar e reciclar!


naDaL 2019: aNinoVo

O departamento de Extraescolares organizou un ano máis unha festa de Aninovo con campanadas... nesta vez cun reloxo de verdad!!!
O pasamos de marabilla e nos despedimos ata o 2020.
MOI BOAS FESTAS A TODOS!

naDaL 2019: repResenTacióNs

Un ano máis, a profe María, de Galego, preparou cos alumnos do Club de Lectura unhas cantas representacións de carácter navideño.
O departamento de Plástica axudou cos decorados.
A verdade é que os actores o fixeron moi ben... e mantiveron ao público ben interesado!

miércoles, 18 de diciembre de 2019

naDaL 2019: árBoRe de rEciClaxE

Este ano a árbore de Nadal do Equipo da Bilblio tiña que ser de material de refugallo, por mor do tema do noso PLAMBE.
E, como é lóxico, eliximos follas de libros vellos expurgados xa hai anos da nosa Biblio... éste foi o resultado, no que aparecen tamén os xoguetes reciclados de Inglés!

martes, 17 de diciembre de 2019

naDaL 2019: eStreLas

Os rapaces de 1º da ESO fixeron estas fermosas estrelas empregando material de refugallo... as colocaremos na exposición de libros de Nadal!

naDaL 2019: adOrNos

Os alumnos da materia optativa de Gravado e Estampación fixeron unhas fermosísimas estrelas reciclando algúns CDs vellos...
Con eles fixemos unha exposición, mentres esperamos a poder estampalos co tórculo que está a arranxar!
Tamén fixeron árbores e estrelas con corchos, cartón, palliñas...

naDaL 2019: expoSicióN

Fixemos a nosa recomendacións de libros de Nadal na entrada da Biblioteca na que incluímos numerosas novidades!!

lunes, 16 de diciembre de 2019

ReCyCLeD ToyS

Os estudiantes de 2º da ESO deseñaron uns incribles xoguetes con material de refugallo para a clase de Inglés da profe Susana.
Quedaron realmente chulos e os colocamos debaixo da nosa árbore de Nadal.
Ademais fixerons uns marabillosos vídeos que podes ver en youtube!

adoRnoS de nAdAL (recIcLaXe)

Na web do cole puxemos unha chea de ideas para elaborar decoracións de Nadal e envoltorios de agasallo con materiais de refugallo, para facer unhas festas máis sostibles!!

miércoles, 11 de diciembre de 2019

meSa dE luZ

Grazas ao orzamento que nos concederon para o equipamento da Biblioteca Inclusiva a través da Asesoría de Bibliotecas da Xunta. adquirimos, entre outras cousas, unha marabillosa mesa de luz!.
A empregamos moitísimo pois aos rapaces lles encanta e aprenden rapidamente grazas a ela!
Aquí tedes unhas imaxes de cómo os rapaciños a empregan nas Escolas Unitarias:

martes, 3 de diciembre de 2019

cuAtRo eSquiNiTaS de nAdA

A nosa PT Davinia preparou cos alumnos de 6º de Primaria a representación do conto "Cuatro Esquinitas de Nada" para celebrar o Día Internacional da Discapacidade 2019.

Empregaron unha fermosísima escenificación con pezas fluorescentes iluminadas con focos especias mercados para este evento...
Os alumnos de 6º o representaron marabillosamente a todos os seus compañeiros de Infantil e Primaria.
Pronto faremos máis cousas semellantes, incluso empregando a impresora 3D!!!
Botade un vistazo ao vídeo:

díA iNTernacioNaL daS peRsoNaS con diScapacidadE

Este ano, para conmemorar o Día Internacional das Personas con Discapacidade, tivemos a sorte contar na nosa Biblioteca co testimonio de primeira man de Joaquín Gago, un fisioterapeuta de nomeado prestixio a pesares de haber perdido case a totalidade da visión.
A charla foi moi interesante e realmente emotiva, deixando a todos os alumnos francamente impactados!
Ademais, por primeira vez repartimos como premio nun concurso de relatos, unhas preciosas libretas realizadas pola Asociación Amencer: